O obradoiro de emprego Revaloriza Tui devolve o seu esplendor ao lavadoiro de Fontenla en Areas
O lavadoiro de Fontenla en Areas recuperou o seu esplendor tras a actuación realizada polo alumnado do Obradoiro de Emprego Revaloriza Tui. Este ben patrimonial atopábase nun estado deplorable cheo de maleza e cos distintos elementos nun mal estado de conservación.
Grazas á intervención realizada polo alumnado das especialidades de carpintería e canteiría o lavadoiro foi totalmente recuperado.
A poucos días do remate deste proxecto formativo o alumnado traballa agora na recuperación e embelecemento da fonte de Albelos en Guillarei.