Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Curso de dixitalización para persoas maiores na Aula CEMIT de Tui en outubro

Undefined

A Aula CEMIT de Tui, situada no edificio Francisco Sánchez, acollerá o próximo mes de outubro un curso de dixitalización para persoas maiores baixo a denominación de “Mellor Acompañad@”.  O curso, que ten carácter gratuíto, está organizado polo Concello de Tui e será impartido pola Fundación Amigos de Galicia.

Terá lugar o luns 19, xoves 22, luns 26 e xoves 29 de outubro de 10 a 12.30 h.

O Concello de Tui forma novos profesionais para dar resposta á falta de persoal na hostalaría

Undefined

O Concello de Tui vén de clausurar o curso de formación en hostalaría desenvolvido no Mercado Municipal de San Antonio entre o 29 de xuño e o 15 de xullo. Esta iniciativa permitiu formar a nove persoas desempregadas co obxectivo de facilitar a súa incorporación ao mercado laboral e, ao tempo, dar resposta á demanda de persoal cualificado por parte da hostalaría da contorna.

Vinte persoas formaranse en dúas profesións con gran demanda laboral no novo obradoiro de emprego do Concello de Tui

Undefined

Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e Traballos de carpintería e moble son as dúas especialidades nas que van formar vinte persoas no obradoiro dual de emprego “Senda Río Miño: Tramo San Martiño” que foi presentado este mediodía.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Emprego