Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Proceso selección docente modulo FCOXXX26 prevención riscos

O Concello de Tui, abre proceso selectivo para nomeamento interino dun docente para a impartición módulo para a impartición dos contidos formativos “FCOXXX26 Básico de prevención de riscos laborais” como módulo transversal do certificado de profesionalidade “MAMS0108 Instalación de elementos de carpintería””,  Mediante Resolución da concellaría delegada de persoal de data 03/02/2023, se rectificou o importe da taxa a aboar polos dereitos de exame, dado que a que figuraba nas  bases orixinarias era erronea.

Proceso selectivo docente modulo MF1057_ inglés profesional para o turismo

O Concello de Tui, abre proceso selectivo para nomeamento interino dun docente para a impartición módulo MF1057_2 inglés profesional para o turismo do certificado de profesionalidade
“HOTG0208 Venda de produtos e servizos turísticos”, O prazo para a presentación de instancias será dende o venres día 03/02/2023 ata o xoves día 09/02/2023.

Proceso selectivo docente modulos FCOO03 sensibilización e FCOXXX24 igualdade

Mediante Resolución da Concellaría delegada de persoal de data 17/02/2023, se aprobou a lista provisional de admitidos e excluídos do proceso de selección dun docente para a impartición dos contidos formativos “FCOO03 Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero ” e “FCOXXX24 Formación para a igualdade” como módulos transversais para cada un dos certificados de profesionalidade “MAMS0108 Instalación de elementos de carpintería” e “HOTG0208 Venda de produtos e servizos turísticos”, asemade se concede un prazo de 1 día hábil para a presentación de alegacións.

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui inicia a súa actividade cun centenar de persoas

Galego

O Concello de Tui presentou hoxe o novo Programa Integrado de Emprego que permitirá mellorar a empregabilidade e formar en competencias transversais a un total de cen persoas traballadoras en situación de desemprego do municipio.

Tui é o único concello da comarca do Baixo Miño que conta con este tipo de programa, cuxo obxectivo é mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral destas cen persoas. Será, amais, o terceiro Programa Integrado de Emprego co que conte Tui cun compromiso de inserción laboral como mínimo do 45% das persoas participantes.

Proceso selectivo operarios obras oferta 2019

Undefined

No BOPPO de hoxe día 25/01/2023, se publica a lista definitiva de admitidos e excluídos do proceso de selección de 3 operarios de obras da oferta de 2019. Asemade se indica que a data de realización da primeira proba do proceso de selección será o martes día 07/02/2023 as 09:00 horas na nave de maquinaria do Concello, sita en Albelos Guillarei s/n. Para ubicación pinchar aquí

En febreiro comezan dous cursos de "Venda de produtos e servizos turísticos" e "Instalación de elementos de carpintería".

Undefined

En febreiro comezan dous novos cursos cos que o alumnado participante poder obter os certificados de profesionalidade de "Venda de produtos e servizos turísticos" e "Instalación de elementos de carpintería".

Pódese ampliar a información no Centro Municipal de Formación e Emprego, en Guillarei, no  670 24 56 33  ou no correo cfo@tui.gal.

Proceso selectivo funcionario carreira auxiliar de arquivo e biblioteca oferta 2019

Undefined

O día 13/01/2023, realizouse o segundo exercicio do proceso selectivo de auxiliar de arquivo e biblioteca, dado que todos os aspirantes que superaron o mesmo dispoñían do celga correspondente, se estipulou a exención de dita proba, o tribunal publica as puntuacións provisionais e propón o candidato a nomear, dispondo os aspirantes de 3 días hábiles para presentar alegacións . Prazo que remata o  19/01/2023. Transcorrido este prazo, sen presentarse alegacións as puntuacións provisionais se considerarán definitivas.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Emprego