Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Roteiro nocturno do Samaín

Data: 
31/10/2024
Lugar: 
Tui

O xoves 31 de outubro terá lugar un roteiro nocturno de Samaín en Tui. Será de 21 h a 1 h ofrecendo aos participantes a oportunidade de descubrir os segredos agochados polas rúas empedradas e os túneles desta zona da cidade, redescubrindo Tui dende unha perspectiva distinta.   

O percorrido comezará na praza da Inmaculada, en grupos de 10 persoas que irán partindo cada cinco minutos. Ao longo da andaina poderanse cruzarán con misteriosos personaxes que, ademais de contar as súas historias de vida, poden provocar algún susto inesperado.

A participación é gratuíta pero é preciso inscrición previa no formulario https://barafundaanimacion.com/roteiros/tui elixindo o horario para realizar a andaina. As prazas son limitadas.

Logo do percorrido as persoas participantes poderán gozar na praza de Fernando dunha chocolatada coa que rematará de xeito doce unha noite chea de misterio.