Coral Martínez imparte un obradoiro de debuxo en Tui dentro do programa Boas Vibes
Este sábado, 26 de outubro, de 10.30 a 13.30 h celebrarase na Sala Municipal de Exposicións un obradoiro de debuxo manga/cómic a cargo Coral Martínez, licenciada en Belas Artes e docente especializada en cómic que ten traballado para DC Comis e Disney. Vai dirixido á mocidade de 12 a 18 anos.
Forma parte do programa Boas Vives. Para participar é preciso inscribirse en igualdade@tui.gal ou no formulario habilitado na web municipal tui.gal.
Mañá venres, tamén dentro do programa Boas Vibes, haberá un obradoiro para o alumnado de Secundaria a cargo da cantante, compositora, produtora, e directora coral Wöyza titulado “Rimas: batalla de equipos coas Gafas Moradas”. Logo Wöyza ofrecerá unha actuación para todo o alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón.
Por outra parte, tamén mañá venres, o alumnado tudense de Secundaria asistirá a un obradoiro de danzas urbanas con Yara Juncal. O resultado destes dous obradoiros poderá verse o 25 de novembro cunha coreografía grupal xunto a Yara Juncal e o tema musical reivindicativo froito do obradoiro impartido Wöyza, nun acto no que tamén se contará coa participación da poeta Yolanda Castaño.