Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudos para ensinanzas musicais

29/10/2024

As persoas interesadas teñen até o 26 de novembro para presentar a solicitude xunto coa documentación requirida

O Concello de Tui vén de abrir o prazo para solicitar as bolsas de estudo para ensinanzas musicais correspondentes ao curso 2023-24 no Conservatorio e na Escola de Música de Tui. 

O obxectivo desta convocatoria é facilitar o acceso ás ensinanzas musicais a aquelas familias ou persoas con recursos limitados.

Así estas axudas municipais van dirixidas ao alumnado empadroado en Tui e matriculado no curso 2023-24 no Conservatorio de Grao Profesional/Elemental ou na Escola de Musica pertencentes a unidades familiares con ingresos brutos anuais ponderados que non superen 3 veces o IPREM 2023 (25.200,00€). Outro dos requisitos é non ter sido ser beneficiario/a de axudas por este concepto doutras entidades ou organismos públicos e non superar o límite de axudas establecido, así coma ter o curso completo aprobado.

As bases completas desta convocatoria pódense consultar no taboleiro de anuncios do Concello, no Conservatorio e na Escola de Música e en tui.gal.  O prazo para a presentación de solicitudes é de 20 días hábiles contados dende hoxe martes polo que rematará o 26 de novembro. 
 

Extracto das bases particulares reguladoras da convocatoria de becas de estudio para ensinanzas musicais, curso 2023-2024

Conta Xustificativa - Bolsas de Ensinanzas Musicas 2023-24

Declaración Responsable - Bolsas de Ensinanzas Musicas 2023-24

Solicitude Bolsas de Ensinanzas Musicas 2023-24