Setembro Xudeu
Visitas guiadas tematizadas, conferencias, exposicións, xogo de escape room, concerto de música sefardí, as xornadas gastronómicas sefardís centradasnunha ruta de tapas de bacallau... son as ofertas da programación do “Setembro xudeu”. Deste xeito Tui súmase a celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, como ven facendo dende 2006.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.