Mañá preséntase a programación cultural de outono do Teatro Municipal de Tui
Mañá venres, ás 11 h na casa do concello presentarase a programación de outono que se vai desenvolver no Teatro Municipal.
A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, xunto a Xurxo Cortázar, Anxo Outumuro e Esther F. Carrodeguas, elenco da obra de Butaca Zero, que formará parte desta programación.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.