Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os Naúfragos con “Bulebule”

Data: 
17/10/2025
Lugar: 
Teatro Municipal de Tui

O venres 17 de outubro, ás 19.00 horas Os Naúfragos Teatro representarán no Teatro Municipal de Tui “Bulebule”. Un espectáculo sobre a presenza da muller no mar, a diversidade e o TDAH -Trastorno do Déficit de Atención con Hiperactividade-. A obra explora, dun xeito amable, os camiños da igualdade destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións. 

Baixo a dirección de Gustavo del Río e interpretado por Irene Lorenzo e Jimmy Núñez, Bulebule conta a historia de Candela,  a quen chaman Bulebule, e que ten TDAH. A ela encántalle encanta o mar e soña con ser patroa dun barco que quere construir ela mesma, pero atópase con que ningunha das dúas cousas é unha tarefa sinxela. Nesta historia non estará soa xa que aparecerá en escea o seu amigo Bruno, quen vive nun faro e sente verdadeira paixón por compoñer música. 

  • Dramaturxia e Dirección: Gustavo del Río 
  • Elenco: Irene Lorenzo e Jimmy Núñez 
  • Música: Daniel Valentín 
  • Espazo escénico: Claudia L. Franco 
  • Espazo iluminación: Daniel Pais 
  • Axudantía de dirección: Rebeca Vecino 
  • Axudantía de produción: Antonio Vázquez 
  • Asesoría dramática: Verónica Rego 
  • Xénero: Teatro 
  • Recomendado: + 4 anos
  • Duración 114 minutos

As entradas teñen un prezo de 4€ e 3€.

 

Entradas