Magia en la Manga con “Singularia”

O venres 14 de novembro ás 19.00 h Magia en la Manga estrea no Teatro Municipal de Tui “Singularia”. É unha viaxe onírica a un espazo irrepetible, onde a maxia desafía as leis do tempo, do espazo e da realidade. Un espectáculo que nos enfronta a aquilo que nos distingue como persoas, aquilo que nos define e que tamén esperta a nosa imaxinación e renova o asombro. É unha experiencia sensorial e emocional da man de Sara Rodríguez que convida ao público a redescubrirse a eles e elas mesmos e ao mesmo tempo, redescubrir a beleza do misterio e do imposible.
O concepto de Singularia está inspirado no concepto do singular, aquilo que é único, irrepetible e que desafía a categorización convencional. O espectáculo explora como o extraordinario xorde no cotiá, transportando aos espectadores a un espazo liminar onde o coñecido e o fantástico converxen, explorando a propia condición irrepetible e inevitable dunha proposta teatral.
-
Elenco: Sara Rodríguez
-
Dirección escénica: Gonzalo Albiñana
-
Escenografía e vestiario: Diego Valeiras
-
Espazo sonoro: Eloy Fernández
-
Iluminación: Daniel Rodríguez
-
Duración: 65 minutos
-
Recomendado: + 5 anos
Entradas: 4€ e 3€