Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Redrum Teatro con “Os Contos do Lobicán”

Data: 
3/10/2025
Lugar: 
Teatro Municipal de Tui

O venres, 3 de outubro, ás 19 h Redrum Teatro presentará no Teatro Municipal de Tui “Os Contos do Lobicán”. É un espectáculo de monicreques musical  destinado a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos.

O texto de Eva Mejuto foi gañador do XV Premio Barriga Verde 2022 e gañador do Premio ao Mellor Espectáculo de monicreques nos XXIX Premios de Teatro María Casares.

O espectáculo está inspirado no mundo de Wes Anderson onde as cores, a escenografía, o vestiario e a música axudan a trasmitir valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación. A través da riqueza da narrativa e dos seus entrañables personaxes, a función convida a nenos e nenas a reflexionar sobre o mundo que os rodea e imaxinar novas posibilidades dun futuro máis inclusivo.

Lobicán é un animaliño curioso que goza explorando o bosque e compartindo momentos coa súa familia. A pesar da súa reticencia cara á escola e o estudo, Lobicán mostra un profundo interese por aprender sobre a natureza e o mundo que o rodea. Nai Lobicana pídelle levar unha torta ao avó, e mentres Lobicán está no bosque, atópase con Xiana, unha nena que busca o camiño cara á casa da súa tía Silvana. Sen importar as súas diferenzas, Lobicán e Xiana establecerán unha forte amizade que os axudará a superar perigos e desafíos.

“Os Contos do Lobicán” é unha historia conmovedora que resalta a importancia da amizade, a aceptación da diferenza e o respecto pola natureza, deixando unha poderosa lección sobre a importancia de valorar as relacións persoais e protexer o noso medio ambiente.

  • Elenco: Guillermo Carbajo e Victoria Pérez
  • Dirección: Alex Sampayo
  • Texto: Eva Mejuto
  • Escenografía e monicreques: As dúas e punto
  • Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
  • Espazo sonoro: Davide González
  • Duración: 40 minutos
  • Recomendado: + 3 anos

Entradas: 4€ e 3€

Entradas