Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui volve subir ao Autobús do Teatro para gozar da última montaxe do CDG

22/09/2025

Será o xoves, 16 de outubro, para acudir á función de “A serie clopen” en Santiago

Tui volve subir ao Autobús do Teatro para acudir a Santiago á representación de “A serie clopen” do Centro Dramático Galego no Salón Teatro.

Dende Tui sairá un autobús o xoves, 16 de outubro, ás 14.50 h para acudir á función das 18 h. O prezo é de 5€ incluíndo o autobús e a entrada ao espectáculo.

O Concello de Tui volve participar neste programa de mobilidade do Centro Dramático Galego que posibilita acudir aos seus espectáculos en Compostela.

“A serie clopen” está dirixida por Pablo Reboleiro, que é o autor da dramaturxia xunto a Clara Gayo. O elenco está formado por Marián Bañobre, Luz García, Johanna Hesse,| Raquel Oitavén, Natalia Pajarito, Inés Santos e Guillermo Solo.

Esta nova produción da compañía pública  combina as artes circenses coas matemáticas e a historia para ofrecer unha reflexión crítica sobre os retos aos que se enfronta a mocidade actual.

As persoas interesadas deben inscribirse no correo biblioteca@tui.gal enviando o seu nome, apelidos, e teléfono de contacto ou presencialmente na propia Biblioteca no edificio Francisco Sánchez ata o luns 13 de outubro.