Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ibuprofeno Teatro con “Reconversión”

Data: 
10/10/2025
Lugar: 
Teatro Municipal de Tui

O venres, 10 de outubro, ás 21 h Ibuprofeno Teatro representará no Teatro Municipal de Tui “Reconversión”. É un espectáculo de gran formato escrito e dirixido por Santiago Cortegoso estreado a comezos de xullo. O elenco está formado por oito actores músicos Artur Abad, Cristina Collazo, Santiago Cortegoso, César Goldi, Celia González, Davide González, Fran Lareu e Nani Matos, que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo.

Esta obra é un exercicio de memoria histórica sobre a reconversión no sector naval na Ría de Vigo. Céntrase na traxectoria vital do pai do autor que traballou no astaleiro Ascón durante 30 anos. Reflicte así a toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoria en 1984, e viviu as mobilizacións históricas entre os anos 70 e 80.

“Reconversión” viaxa polo o auxe da industria siderúrxica, e a evolución até unha sociedade capitalista dende un estilo de vida rural.

Elenco:

  • Artur Abad: Percusiones, Coro, Soplete, Otros
  • Cristina Collazo: Trompa, Coro, Abuela, Otras
  • Santiago Cortegoso: Percusiones, Coro, El hijo
  • César Goldi: Percusiones, Coro, Franco, Naranjito, Otros
  • Celia González / Graciela Carlos: Clarinete, Coro, La madre, Otras
  • Davide González: Saxofón, Coro, Felipe González, Otros
  • Fran Lareu: Trompeta, Coro, El padre, Otros
  • Nani Matos: Tuba, Coro, Boyer, Otros
  • Codirección e Iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
  • Escenografía: Pablo Giráldez “O Pastor”
  • Diseño de sonido y dirección musical: Alonso Caxade
  • Vestuario: Marián Bañobre
  • Xénero: Teatro contemporáneo
  • Recomendado: + 14 anos
  • Duración 100 minutos

 

As entradas teñen un prezo de 12€ e 9€.

Entradas