Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Festival Arraianos

Do venres 31 de agosto ao domingo 2 de setembro celébrase en Tui o Festival Arraianos, unha viaxe no tempo cara ao pasado da man dunha científica tola que crea unha máquina que por erro abre unha brecha temporal. 

Na fin de semana haberá  Visitas teatralizadas, Ruta dos petiscos medievais, A Conquista do Miño, Ceas de Taberna, Mercado Arraianos, conferencias, Medieval Zombie, ... polas rúas do conxunto histórico de Tui. 

Xoán Curiel con “A casa do terror”

O xoves, 27 de setembro, ás 19.00 h no Teatro Municipal acolle a Xoán Curiel con “A casa do terror" dentro do programa Falaredes de Dinamización Lingüística. É un espectáculo de teatro, música, clown, e danza dirixido a nenos de 7 a 12 anos.

Cancións, danzas, teatro, clown e a participación do público para contar a historia dun grupo de amigos que se ve na obriga de durmir nun edificio encantado. Todo da man de Xoán Curiel acompañado pola banda Son+d2 e bailarina Marta Alonso. 

Vive o Camiño

O xoves, 30 de agosto, ás 21h a praza de San Fernando acolle un dos espectáculo do ciclo "Vive o Camiño" organizado polo Xacobeo. O poeta e contacontos Celso F. Sanmartin "Celsiño" achegará ao público relatos, historias e memorias vinculadas á tradición oral galega. Mentres a cantautora MJ Pérez na súa actuación fusionará estilos musicais nunha interpretación na que a súa voz, e mensaxe toman relevancia. 

*En caso de choiva celebrarase na Área Panorámica

 

Cinema no Verán Ferdinand

A praza de San Fernando acolle o venres, 24 de agosto, ás 22h, a proxección de "Ferdinand" dentro do ciclo Cinema no Verán.  Este filme de animación, para todos os públicos, ten unha duración de 106 minutos. 

A Ferdinand non lle gusta embestir, nin competir por ver que é máis forte, prefire ulir as flores e sentar á sombra dunha árbore. Pero todo cambiará o día en que é levado a Madrid para participar nas corridas de touros.

Tui celebra mañá VIII Festa do Miño

Undefined

Mañá sábado, 18 de agosto, celébrase a VIII Festa do Miño, cun amplo programa ao longo da xornada que combina gastronomía, música, deporte, natureza… e no que o río Miño será o gran protagonista.

A VIII Festa do Miño comezará ao mediodía cunha romaría popular na ribeira de Caldelas. Dende este punto sairán ás 16h os 850 inscritos no VIII Descenso Popular do Miño, baténdose este ano un novo record de participación.

Dezaseis cunchas de bronce sinalizan o Camiño Portugués dende a Ponte Internacional até a Veiga do Louro

Undefined

Dezaseis sinais de bronce coa forma dunha cuncha marcan o Camiño Portugués de Santiago dende a vella Ponte Internacional até a ponte na Veiga do Louro, ao longo seu percorrido polo centro urbano de Tui.  As cunchas foron cedidas polo S.A. Xacobeo e o Concello de Tui encargouse da tramitación da autorización ante Patrimonio e da súa colocación.

As visitas “Tralas pegadas do tempo” darán a coñecer o patrimonio arqueolóxico tudense

Undefined

Tralas pegadas do tempo” é o nome das visitas guiadas, conducidas por arqueólogos que a concellería de Cultura e Patrimonio organiza para as próximas semanas. Trátase de catro rutas nas que dun xeito lúdico, participativo e experimental, os participantes poderán descubrir parte do patrimonio arqueolóxico do municipio e entender ás persoas e sociedades da prehistoria que habitaron o espazo xeográfico que hoxe en día ocupamos nós.

Visitas e actividades experimentais "Tralas pegadas do Tempo"

Tralas pegadas do tempo” é o nome das visitas guiadas, conducidas por arqueólogos que a concellería de Cultura e Patrimonio organiza para as próximas semanas. Trátase de catro rutas nas que dun xeito lúdico, participativo e experimental, os participantes poderán descubrir parte do patrimonio arqueolóxico do municipio. Tamén como novidade ao comezo da visita haberá unha serie de actividades experimentais relacionadas cos modos de vida da prehistoria, tales como a descuberta do lume, introdución á caza, obradoiros de aerografía ou fundición de metais

Concerto de clausura curso Tamara Brooks

A Catedral de Tui acolle o martes, 14 de agosto, ás 21.30h o concerto de clausura do 29º curso de dirección, canto e técnica vocal, coro e orquestra “Tamara Brooks”. Ofrecerán un programa composto principalmente por música relixiosa de distintos estilos e épocas tanto a capella como con acompañamento. Estarán acompañados por Rasa Biveiniene ao piano, Fernando Briones ao órgano e Julio Domínguez na dirección.

CONCERTO DE CLAUSURA DO CURSO TAMARA BROOKS

Lugar: Catedral de Tui

Data: Martes, 14 de agosto, ás 21.30h

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura