Redrum Producciones de Santiago de Compostela con "Invisibles"
Redrum Producciones de Santiago de Compostela presenta o venres, 15 de febreiro, ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui "Invisibles".
Historias reais de mulleres galegas vítimas de malos tratos unidas polo fío común da violencia de xénero. Unha reflexión sobre o perfil das mulleres que sofren, sufriron, esta lacra e sobre a invisibilidade dos agresores fronte á exposición delas na sociedade.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.