Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Dez catas de viños promocionarán a hostalería local entre maio e decembro

29/04/2022

Até o 6 de maio pódense inscribir os establecementos interesados en acoller esta actividade

Un total de dez catas para promocionar o sector hostaleiro local e potenciar a cultura do viño se van realizar entre os meses de maio e decembro en establecementos tudenses. Trátase dunha iniciativa promovida conxuntamente por Empretui e A Emoción dos Viños co apoio do Concello de Tui. 

Aqueles establecementos interesados en acoller unha cata no seu local teñen até o  próximo venres, 6 de maio, para inscribirse no da asociación info@empretui.com. Cada cata estará limitada a un máximo de 16 persoas polo que deben dispor do espazo preciso no local para o evento. A inscrición, organización e selección dos viños de cada cata corre por conta da organización sen que supoña custe algún para o establecemento. 

Esta primeira edición de catas pola hostalería local, comentadas por sumilleres, enólogos e enólogas e viticultores e viticultoras, comezará o xoves 19 de maio e rematará en decembro. Realizaranse os xoves alternos de maio, xuño, outubro, novembro e decembro, de 20 a 22 h, e incluirán tamén visita ás adegas. Cada cata, que terá un prezo de 17 euros, incluirá unha degustación de 6 viños. 

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse unha vez se dea a coñecer o programa completo así como os locais onde se realizará cada cata.