Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

I Encontro de viños da Raia

Data: 
16/04/2022
Lugar: 
Praza da Inmaculada

O sábado 16 e o domingo 17 de abril celebrarase na Praza da Inmaculada o I Encontro de Viños da Raia. 

Participarán Adega Corisca de Tui, Adega do Vimbio de Tomiño, Adega Edmundo Val de Valença, Sergio Álvarez do Rosal, Lagar Pedregales de Tomiño, Adega do Ricón de Arbo, Adega Pateira do Rosal, Adegas Xangall de Arbo, Aquí Começa Portugal de Cevide, e Adega María Bargiela de Salvaterra de Miño. Os seus viños brancos, tintos  e espumosos, por copa ou botella, poderán degustarse tanto o sábado coma o domingo de 12 a 15 h e de 18 a 21h.  

Esta iniciativa, organizada polo Concello, é unha das novidades que incorpora este ano a programación das Festas de San Telmo. O obxectivo é reivindicar o potencial dos viños elaborados dunha e doutra beira do Miño.

Este I Encontro de Viños da Raia contará cunha coidada decoración que converterá a praza da Inmaculada nunha terraza ao aire libre na que gozar de viños de autor, con personalidade propia e froito do mimo e coidado dos seus produtores, que non deixan de formarse e innovar para sorprender cos seus cos seus produtos. 

Para este encontro editouse unha copa conmemorativa serigrafiada coa imaxe deste evento, que se poderá adquirir ao prezo de 2,5€, no posto da organización na propia praza da Inmaculada. Unha vez degustado o viño se o consumidor o desexa pode devolvela e recuperar o prezo aboado.  O viño das adegas participantes poderá consumirse a prezos populares dende 2€ a copa e 10€ a botella. 

Tanto o sábado coma o domingo a partir das 19 h no interior dos antigos xulgados a destacada sumiller tudense Marina Cruces, guiará ás persoas  presentes a través dos viños das adegas participantes nunha maridaxe de música e viño. Para participar será preciso inscrición previa de entrada, cun prezo de 2€, no posto da organización, na mesma praza da Inmaculada, o mesmo día en que se desexa asistir.