Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

II Encontro de Viños da Raia

Data: 
8/04/2023
Lugar: 
Praza da Inmaculada

O II Encontro de Viños da Raia celebrarase o sábado 8 e o domingo 9 de abril na praza da Inmaculada coa participación dunha decena de adegas, postos de petiscos e actividades paralelas. 

Datas: Sábado 8 e domingo 9 de abril na Praza da Inmaculada

Apertura de postos de 12 a 15 h e de 19 a 22 h

Participan a Adega Corisca, de Tui; Adega do Vimbio, de Tomiño; Adega Edmun do Val, de Valença; Sergio Álvarez, do Rosal; Lagar Pedregales, de Tomiño; Adega do Ricón, de Arbo; Adega Pateira, do Rosal; Márcio Lopes, de Melgaço, Adega María Bargiela, de Salvaterra de Miño e Jorge Marcote Viticultor de O Rosal..  Poderanse degustar os seus viños, a partir de 2,50€ a copa, acompañados pola oferta gastronómica de distintos postos de comida que ofrecerán petiscos coma xamón, queixo, patés, empanadillas…

Sabado, 8 de abril

  • Ás 12.00 h Inauguración do II Encontro e apertura dos postos de degustación.
  • Ás 19.30 h Presentación dos viños da enóloga tudense Susana Esteban no interior do edificio na Praza da Inmaculada. Capacidade 50 persoas. Entrada gratuíta previa inscrición na Oficina de Turismo.
  • Ás 20.30 h Presentación do libro “A nación dos mil viños” de  Martiño Santos, Xosé Gontá Sobrino e Toño Núñez Amigo-Rivadulla publicado por Edicións Laiovento. No interior do edificio na Praza da Inmaculada. Entrada gratuíta até completar a capacidade.

Domingo, 9 de abril

  • Ás 12.00 h Apertura dos postos de degustación.
  • Ás 12.00 h Showcooking a cargo de Rafa Centeno, Estrella Michelin do restaurante Maruja Limón. No interior do edificio na Praza da Inmaculada. Capacidade 50 persoas. Entrada gratuíta previa inscrición na Oficina de Turismo.
  • Ás 19.00 h Cata comentada polo sumiller Adrián Guerra. No interior do edificio na Praza da Inmaculada. Capacidade 50 persoas. Entrada gratuíta previa inscrición na Oficina de Turismo.
  • Ás 22.00 h Peche do II Encontro de Viños da Raia.