Tui acometerá a reforma integral do seu Mercado Municipal cun investimento de 1,6 millóns de euros
O Mercado Municipal de Tui, situado na rúa Maristas, será obxecto dunha reforma integral coa finalidade de mellorar tanto as instalacións coma a experiencia de compra no mesmo de cara a lograr o recoñecemento coma Mercado Excelente.
O Concello de Tui elaborou un ambicioso proxecto no que se aposta non só por esta reforma integral da praza de abastos, senón tamén pola dixitalización e revitalización do comercio local e do mercado semanal dos xoves.