Mercado de Nadal

Coincidindo coas festas de Nadal o Concello de Tui organiza un Mercado de Nadal no Paseo da Corredoira centrado en produtos de Nadal, agasallos, decoración, e artesanía. Ante o éxito acadado en anos anteriores en 2022 apostouse por celebrar o mercado durante un mes entre o 5 de decembro e o 5 de xaneiro.
Os postos distribúense en casetas de madeiras decoradas e iluminadas, no Paseo da Corredoira, que se converten nun magnífico escaparate para o produto artesá galego.
Áreas:
Comercio