Bases XXV Feira de Artesanía 2023
Bases XXV Feira de Artesanía 2023
Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados.
Bases XXV Feira de Artesanía 2023
Éxito do II Encontro de Viños da Raia realizado esta pasada fin de semana na Praza da Inmaculada coa participación de dez adegas. As cifras falan por si mesmas: mil copas vendidas e máis de 500 botellas degustadas nas casetas das adegas Corisca; de Tui; Do Vimbio, de Tomiño; Edmun do Val, de Valença; Sergio Álvarez, do Rosal; Lagar Pedregales, de Tomiño; Adega do Ricón, de Arbo; Pateira, do Rosal; Márcio Lopes, de Melgaço, María Bargiela, de Salvaterra de Miño e Jorge Marcote Viticultor do Rosal.
Do 1 ao 17 de abril celebrarase en Tui a Festa do Meixón. A nova edición deste evento gastronómico volverase a celebrar en distintos restaurantes da cidade: Asador Paulo, El Molino, El Niño Trasto , Emma Tapas&Brunch, La de Manu, O Novo Cabalo Furado e Parador de Tui. As racións do meixón do Miño terán un prezo de 79 euros, previa reserva.
Do 8 ao 17 de abril vanse celebrar en Tui as Festa de San Telmo 2023. Este é o programa previsto.
Tradición, música, espectáculos familiares, gastronomía, deporte… forman parte da programación das Festas de San Telmo 2023 que se van celebrar do sábado 8 ao luns 17 de abril en Tui. O Paseo da Corredoira, onde se instalará unha carpa para as festas, a praza da Inmaculada, o Teatro Municipal, a rúa Compostela, e o Espazo Feiral, serán os principais escenarios das actividades previstas.
Do 1 ao 17 de abril volverá celebrarse en Tui a Festa do Meixón. Dende o Concello apóstase por reeditar unha nova edición deste evento gastronómico que se volverá a celebrar en distintos restaurantes da cidade.
Mañá venres, 31 de marzo, ás 11 h no salón de plenos da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da programación das Festa de San Telmo 2023 que se van celebrar na cidade do 8 ao 17 de abril.
A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, das concelleiras de Cultura, Sonsoles Vicente, de Comercio e Mercado, Ana Núñez, e do concelleiro de Deportes, Rafael Estévez.
O II Encontro de Viños da Raia celebrarase o sábado 8 e o domingo 9 de abril na praza da Inmaculada coa participación dunha decena de adegas, postos de petiscos e actividades paralelas.
Datas: Sábado 8 e domingo 9 de abril na Praza da Inmaculada
Apertura de postos de 12 a 15 h e de 19 a 22 h
Este xoves, 30 de marzo, ás 11 h no edificio da praza da Inmaculada terá lugar a presentación da Festa do Meixón 2023 que se vai celebrar do 1 ao 17 de abril en distintos establecementos tudenses.
A mesma correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Comercio e Mercado, Ana Núñez, xunto a persoas representantes dos restaurantes participantes na festa.