Mercado de Nadal 2023

O Paseo da Corredoira acollerá do 1 de decembro ao 5 de xaneiro o Mercado de Nadal.
As casetas de madeira nas que se ubicarán os postos estarán coidadosamente decoradas converténdose no mellor escaparate para produtos artesáns, gastronómicos, de agasallo, decoración, …
Os expositores rotarán ofrecendo unha variedade en constante cambio de produtos nas tres quendas establecidas, do 1 ao 12 de decembro, do 13 ao 24 de decembro e do 26 de decembro ao 5 de xaneiro.
A diversidade de artigos dispoñibles é un dos puntos fortes deste mercado, que presenta unha ampla gama de agasallos do Nadal confeccionados en materiais como madeira, prata, latón, vidro, coiro, resina, tecidos de gancho e punto, entre outros. Ademais, a oferta gastronómica brindará churros, chocolate, crepes, galletas, pasteis, gofres, mel, hidromel, viño quente ... Non faltará a decoración do Nadal cunha variedade interminable de artigos propios da tempada festiva.
Amais da actividade expositiva e de venda, non faltarán os obradoiros e a animación musical cun programa que se dará a coñecer en breve.
A Árbore dos Desexos
No Mercado estará situada a “Árbore dos desexos”, adornados con bolas que conteñen os desexos que plasmaron nunha tarxeta os nenos e nenas das familias ás que axuda SOS Tomiño Baixo Miño. As persoas que desexen colaborar deben recoller unha das bolas de Nadal, facer realidade ese desexo e entregalo a SOS Tomiño Baixo Miño. Esta iniciativa solidaria está promovida por EMEmedia.gal, SOS Tomiño Baixo, Viveros Nilo e o Concello de Tui
Tres quendas
- Do 1 ao 12 de decembro
-
Expositores: Arte Terra, Entre Telas, Apicultura Niño do Corvo, o CEIP nº1, Pancho 3.0 by Adri Vila, Feito de Pau Carpinteiría, Mestura de Kores, Isa e Loles Artesanía, D’Charo, Lace Copperwood, a Asociación Cultural Cristo da Agonía, Filloas Apedradeaugas, Galicuero Light and Wood, Club de Patinaxe Artística Ribex, Churrería Chocolatería Patry e a foodtruck Ruta 82.
-
- Do 13 ao 24 de decembro
- Club Patinaxe Artístico Ribex: plantas de pascua, gofres, creps, doces de Nadal
- MycogaliciaPlantae: libros, xogos de mesa, tazas, chapas, camisetas, bolsas…
- Bordahilo + essentiahm: Produtos bordados con motivos de Nada, produtos artesanais de agasallo realizados con cera, resina á auga…
- Suso Cesteiro: cestos de mimbre
- BC Artesanía do camiño: decoración de Nadal, xoiería artesá en madeira, prata, latón, acibeche, conchas e pedras preciosas.
- ArtenJoya: pezas artesanais feitas a man, con filigrana e bordado ao aire.
- Apicultura Niño do Corvo: Mel e produtos relacionados co mel
- Mar González Dist.: produtos calabizo, croquetas gourmet, patatas chip gourmet
- Federación de Anpas Aloia-Asanog: produtos de téxtil infantil
- Amor(in): adornos de Nadal, regalos, bolsos
- Diademas Cinnia: guirnaldas de Nadal, sacos térmicos, mandilóns
- Galicuero: coiro, hamabeats e madeira
- Bruji: produtos artesáns con usa da serigrafía artística e pintura a man
- Protectora Aloia: produtos do refuxo, de segunda mano, libros
- Foodtruck Ruta 82
- Churrería chocolatería Patry
- Ruta 82 (Foodtruck)
- Grupo Scout Alhoia
- Do 26 de decembro ao 5 de xaneiro.
Horario:
- Luns a xoves de 17 a 21 h
- Venres de 17 a 23 h
- Sábados, festivos e vésperas de festivos de 12 a 14 h e de 17 a 23 h
- Domingos de 12 a 14 h e de 17 a 21 h.
- Permanecerá pechado o 25 de decembro e o 1 de xaneiro.
Concertos
- Sábado 2 ás 21 h RMS
- Sábado 16 ás 21 h Leira Rock
- Sábado 23 ás 21 h BlackLabel Dúo
- Sábado 30
- ás 19 h Dani Pazos e Xía Sar
- ás 21 h La Timba Mullallo
Obradoiros
- Personalización de bolas de Nadal
- Fabricación centro de mesa de Nadal
- Coidados de mobles
- Consellos para facer pequenos arranxos ou restauracións