Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

Praceiros e praceiras de Tui participan nun programa de formación e mentorización

Undefined

Os e as praceiras do Mercado Municipal de Tui participaron nas últimas semanas nun programa de formación e mentorización levado a cabo polo Concello de Tui, a través da concellería de Comercio e Mercados. O obxectivo do concello de Tui con esta acción formativa é seguir avanzando pasos no camiño inicio para lograr o recoñecemento da praza tudense coma Mercado Excelente.  Máis aló deste programa tamén se levou a cabo a redacción do proxecto para a reforma integral do edificio.

O chef Miguel Rodríguez participa este sábado nos Obradoiro de Cociña de Nadal no Mercado Municipal

Undefined

Novas propostas para cociñar este Nadal chegarán este sábado ao Mercado Municipal de Tui da man do tudense Miguel Rodríguez, chef do Parador de Baiona e coordinador da cociña no Parador de Tui. Será dentro dos Obradoiros de Cociña de Nadal que organiza a concellería de Comercio.

Nesta ocasión Miguel Rodríguez ensinará, na praza de abastos, coma elaborar unha crema de marisco, ovo poché, empanadilla crocante e biscoito coma aperitivo, e peixe de mercado envolto en algas sobre cogomelos e ovas de peixe voador.

A entrada é de balde, e non é preciso reserva previa.

Obradoiros de Cociña de Nadal

O sábado, 10 de decembro, ás 11 h terá lugar no Mercado Municipal, o segundo dos obradoiros de cociña de Nadal organizados pola concellería de Comercio. Nesta ocasión será o o tudense Miguel Rodríguez, chef do Parador de Baiona e coordinador de cociña do Parador de Tui o encargado desta actividade. 

Elaborará unha crema de marisco, ovo poché, empanadilla crocante e biscoito coma aperitivo, e peixe de mercado envolto en algas sobre cogomelos e ovas de peixe voador. 

A entrada é de balde, e non é preciso reserva previa. 

O Mercado de Nadal inunda coa maxia destas festas o Paseo da Corredoira

Undefined

A maxia do Nadal inundará a partir do luns, 5 de decembro, o Paseo da Corredoira de Tui. Até o 5 de xaneiro este céntrico emprazamento acollerá o Mercado de Nadal organizado polo Concello de Tui. Artesanía, gastronomía, produtos de agasallo, decoración…todos vinculados ao Nadal e elaborados artesanalmente ocuparán as dez casetas de madeira, coidadosamente decoradas e iluminadas, que acollerán a trintena de postos que participarán nesta actividade durante as catro quendas establecidas.

Obradoiros de Cociña de Nadal no Mercado Municipal os sábados de decembro

Undefined

O Mercado Municipal de Tui acollerá neste mes de decembro uns Obradoiros de Cociña de Nadal co obxectivo de pór en valor o produto local e convidar a coñecer novas elaboracións de cara a estas festas de Nadal. Ao tempo poténciase o valor da praza de abastos que destaca pola excelente relación de calidade-prezo nos seus produtos. Os obradoiros desenvolveranse os sábados 3, 10 e 17 de decembro ás 11 h.

Obradoiros de Cociña de Nadal

Obradoiros de Cociña de Nadal no Mercado Municipal os sábados de decembro

O Mercado Municipal de Tui acollerá neste mes de decembro uns Obradoiros de Cociña de Nadal co obxectivo de pór en valor o produto local e convidar a coñecer novas elaboracións de cara a estas festas de Nadal. Ao tempo poténciase o valor da praza de abastos que destaca pola excelente relación de calidade-prezo nos seus produtos. Os obradoiros desenvolveranse os sábados 3, 10 e 17 de decembro ás 11 h.

Sabado 3 as 11 h 

Mercado de Nadal

O céntrico Paseo da Corredoira acollerá do 5 de decembro ao 5 de xaneiro o Mercado de Nadal organizado polo Concello de Tui. 

Así o Paseo da Corredoira inundarase da maxia do Nadal e dos produtos típicos desta época nas 10 casetas de madeira que acollerán os distintos postos.

1ª Quenda do 5 ao 11 de decembro: Artesanía O Pereiro, Arco da Vella, CEIP Pazos de Reis; Cerámica Ferreira, Churrería Chocolateria Patry, Club de Patinaxe Artístico Ribex, Do Gaiteiro, Entre Telas, La Aguada Artesanías, Mari Fastudio, Mel Liñares e Ruta 82.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Comercio