Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A praza de Abastos permanecerá pechada o luns 6, martes 7 e mércores 8 polo traslado dos posto á zona frontal

2/11/2023

O cambio débese ao inminente inicio das obras de reforma do Mercado.

 

Nos próximos días comezarán as obras de reforma da Praza de Abastos de Tui, tras ser adxudicadas nos últimos días. Durante as mesmas o obxectivo é que a execución do proxecto, que suporá unha actuación integral no espazo, poida compatibilizarse na medida do posible coa actividade de venda no propio mercado.

Por este motivo todos os postos dos praceiros de praceiras serán trasladados á parte frontal da praza, xunto á entrada pola rúa Maristas. Deste xeito concentrarase a actividade comercial nesta zona. Para levar a cabo este traslado a próxima semana a Praza de Abastos de Tui permanecerá pechada o luns 6,martes 7 e mércores 8, volvendo a súa actividade o xoves 9 xa no novo emprazamento dos distintos postos.

Deste xeito búscase compatibilizar a actividade comercial coa execución das obras, xerando ás mínimas afección aos praceiros e praceiras.

A concelleira de Comercio e Mercado, Ana Núñez, agradece aos praceiros e praceiras a súa disponibilidade, colaboración e comprensión. Explica a edil coma durante os oito meses de execución do proxecto de reforma da praza buscarase xerar as mínimas afeccións.