"A Penúltima” de Carlos Blanco colga o cartel de aforo completo no Teatro Municipal de Tui
O Teatro Municipal de Tui inicia programación de Outono co aforo completo no primeiro espectáculo. Vendidas todas as localidades dispoñibles para “A Penúltima” de Carlos Blanco que mañá venres ás 21 h chega ao teatro tudense.
Serán 70 minutos de historias, de risas, e do paso do tempo sobre os que con humor reflexiona Carlos Blanco.
En tui.gal están xa á venda as entradas para os outros seis espectáculos que terán lugar os venres de outubro e novembro neste espazo escénico.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.