Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Tui acolle mañá a presentación da adaptación á literatura accesible de “A familia das curandeiras”

Undefined

Mañá xoves ás 18.30 h preséntase na Sala Félix Rodríguez “La familia de las curanderas”, de Marisa Castro, novo título da colección de Literatura Accesible de Hércules.

O acto contará coa participación de Marisa Castro, autora; Cristina Sola e Ana Belén Luis, adaptadoras do Laboratorio de Linguaxe Accesible; e Jesús Meiriño, tradutor da obra ao galego, da Universidade de Vigo

Esta adaptación da novela de Marisa Castro é o segundo título da colección de “Literatura accesible” de Hércules Ediciones, tras a publicación de Palabras de pedra en 2024.

Mañá inaugúrase en Madrid a exposición “Os sambenitos da catedral de Tui: historia, memoria e infamia”

Undefined

Mañá xoves, 22 de xaneiro, ás 12.00 h no Centro Sefarad-Israel en Madrid será inaugurada a  mostra “Os sambenitos da catedral de Tui: historia, memoria e infamia” por parte do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, e o director Xeral do Centro Sefarad-Isarel, José Thomas Lozano.

A camelia protagonista da fin de semana en Tui

Undefined

Mañá ás 12.45  h inaugurarase no claustro da Catedral de Tui a XI Mostra da Camelia Cidade de Tui organizada polo Concello de Tui e ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia. Este evento reunirá 75 expositores de Galicia, Asturias e Portugal que presentarán distintas variedades e innovacións. Esta cita súmase tamén aos actos conmemorativos do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui. 

XI Mostra da Camelia Cidade de Tui

O Claustro da Catedral de Tui acolle o sábado 17 e o domingo 18 o Claustro da Catedral. Este evento está organizado polo Concello de Tui e Amigos da Catedral de Tui, ATUCA. Participarán 75 expositores de Galicia, Asturias e Portugal. 

A inauguración terá lugar o sábado ás 12.45 h. O horario de apertura ao público será o sábado de 16.45 a 20.30 h e o domingo de 10 a 14 h e de 16.30  h a 20 h. O sábado ás 17.30 h no Espazo Sociocultural da r/Camilo José Cela, terá lugar unha charla - degustación - cata do té de Areeiro. 

A Biblioteca Municipal superou os 20 mil préstamos de libros en 2025

Undefined

A Biblioteca Municipal de Tui acadou en 2025  un total de 20.178 préstamos, o que supón un incremento do 9,4% con respecto o ano anterior, continuando a liña de crecemento dos últimos anos en canto a préstamos e número de usuarios. 

Estes datos confirman o interese da cidadanía pola cultura e o incremento dos hábitos lectores entre a infancia e a mocidade. Precisamente esta franxa de idade lidera os índices de préstamo na biblioteca tudense, xa que máis do sesenta por cento dos libros foron retirados por usuarios menores de catorce anos. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura