Exposición fotográfica “A penumbra do tempo: 800 anos de luz e sombra na catedral de Tui” do fotógrafo Gus Abreu.

Data:
19/10/2026
Lugar:
Sala Municipal de Exposicións. Edificio Francisco Sánchez
A Sala Municipal de Exposicións, no Edificio Francisco Sánchez, acolle do 19 de outubro ao 30 de novembro a exposición fotográfica “A penumbra do tempo: 800 anos de luz e sombra na catedral de Tui” do fotógrafo Gus Abreu.
A mostra recolle 30 imaxes en gran formato que pretenden capturar e desvelar aqueles elementos, texturas, relevos, inscricións e detalles construtivos que, por atoparse en zonas restrinxidas, áreas de acceso elevado ou espazos pouco frecuentados polo público xeral, permanecen invisibles aos ollos do visitante cotián.
A exposición forma parte do programa de actividades que promove o Concello de Tui para a conmemoración dos oitocentos anos da consagración da catedral de Santa María.




