“Singularia” estréase mañá no Teatro Municipal de Tui
“Singularia” de Magia en la Manga é o espectáculo que mañá venres se vai estrear no Teatro Municipal de Tui. Tras un ano de intenso traballo e unha semana de residencia artística neste espazo escénico a maga Sara Rodríguez levará a cabo trucos que maxia que non se ven habitualmente. Farao todo cunha coidada posta en escena, con material creado a propósito para este evento, con dramaturxia e unha fermosa e sorprendente escenografía.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.