Comezan as obras de urbanización do Paseo da Corredera e Augusto González Besada
Esta semana deron comezo as obras de urbanización do Paseo da Corredoira e da rúa Augusto González Besada, unha intervención destinada á recuperación deste espazo como punto de encontro e convivencia, garantindo a mellora da mobilidade peonil, a integración urbana e a renovación das infraestruturas nun contorno histórico. Trátase da Fase 1 dun proxecto que conta cun investimento de 1.165.581,54 euros, financiado con cargo do programa PON2030 da Deputación de Pontevedra. O prazo de execución estimado é de oito meses.