Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Urbanismo

Licenza de obra nova

7/12/2024

OBRA NOVA: Abrangue os seguintes tipos de obra:

a) Obras de substitución: son aquelas nas que se derriba unha edificación existente e no seu lugar se constrúe unha nova.

b) Obras de nova planta: son aquelas mediante as cales se edifica unha parcela libre de edificación.

c) Obras especiais: son aquelas obras de características particulares que só se poden realizar no caso de que sexan esixidas pola propia normativa aplicable: obras de reconstrución, obras de desmontado traslado e reedificación, e obras de recuperación tipolóxica

Licenza de obra ampliación reestruturación.

7/12/2024

Licenza de obras de ampliación / reestruturación

OBRAS DE AMPLIACIÓN: son aquelas obras, nunha edificación existente, nas que se incrementa a ocupación ou o volume construídos.

OBRAS DE REESTRUTURACIÓN PARCIAL E XERAL: son aquelas obras de rehabilitación dunha edificación que melloran as súas condicións de seguridade, salubridade, habitabilidade, de confort e ornato, modificando a súa distribución e alterando as súas características morfolóxicas e a distribución interna.

Licenza de obra reforma consolidación

7/12/2024

Licenza de obra reforma / consolidación

OBRAS DE REFORMA E CONSOLIDACIÓN en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.

Obras de reforma ou consolidación que produzan unha variación esencial da composición xeral exterior, a volumetría, ou o conxunto do sistema estrutural, ou teñan por obxecto cambiar os usos característicos do edificio. Inclúense os cambios de uso a usos residenciais.

Licenza de obra intervencións menores.

7/12/2024

Licenza de obras intervencións menores

(edificios catalogados)

OBRAS PARA INTERVENCIÓNS MENORES EN EDIFICACIÓNS CATALOGADAS ou BIC: caracterizadas pola súa escasa entidade económica e pola súa sinxeleza técnica, que lles exime da necesidade de documentación técnica, dirixidas á simple reparación, decoración, ou mantemento e limpeza.

Licenza de obra reforma comercial

7/12/2024

Licenza de obra de reforma comercial

(edificio catalogado)

REFORMA COMERCIAL en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos: obras que adaptan un local existente ás condicións para o exercicio dunha actividade sen intervir sobre as características morfolóxicas do edificio, as instalacións xerais ou estrutura portante, nin altera-la envolvente do edificio.

Licenza de obra movementos terras

7/12/2024

Licenza de obra de movementos de terras

MOVEMENTOS DE TERRA: Os movementos de terra e obras de desmonte non incluídos en proxectos de edificación ou proxectos de urbanización.

Licenza de obra demolición

7/12/2024

Licenza de obra de demolición

Licenza de obra muro contención

7/12/2024

Licenza de obra de muro de contención

Licenza de obra varios

7/12/2024

Licenza de obra (varios)

VARIOS: Abranguen todas as obras maiores que non teñen cabida nas obras de edificación, reestruturación ou consolidación e non están suxeitas ao procedemento simplificado ou comunicación previa, como piscinas, instalacións etc.

Comunicación previa inicio actividade

7/12/2024

Comunicación previa Inicio de actividade

(excepto recreativas/espectáculos)

Comunicación previa obras locais

7/12/2024

Comunicación previa DE OBRAS DE ADAPTACIÓN DE LOCAIS PARA ACTIVIDADES

Comunicación previa cambio titularidade

7/12/2024

Comunicación previa DE CAMBIO DE TITULARIDADE DAS ACTIVIDADES

Comunicación previa obras menores

7/12/2024

Comunicación previa DE OBRAS MENORES

Comunicación previa obras maiores peches

7/12/2024

Comunicación previa DE OBRAS MAIORES E PECHES

Comunicación previa cambio titularidade licenzas obra

7/12/2024

Comunicación previa DE CAMBIO DE TITULARIDADE DE LICENZAS DE OBRA

Comunicación previa inicio obra autorizada

7/12/2024

COMUNICACIÓN PREVIA INICIO OBRA NOVA AUTORIZADA

Comunicación previa instalación grúa

7/12/2024

COMUNICACIÓN PREVIA DE INSTALACIÓN DE GRÚA/GUINDASTRE

Comunicación previa instalacións radioeléctricas

7/12/2024

COMUNICACIÓN PREVIA DE INSTALACIÓNS RADIOELÉCTRICAS

Comunicación previa primeira ocupación

7/12/2024

COMUNICACIÓN PREVIA DE PRIMEIRA OCUPACIÓN

Declaración responsable puntos recarga

7/12/2024

DECLARACIÓN RESPONSABLE INSTALACIÓN PUNTOS DE RECARGA

ORDENANZA REGULADORA DA TRAMITACIÓN DAS LICENZAS URBANÍSTICAS E OUTRAS FORMAS DE INTERVENCIÓN ADMINISTRATIVA

7/12/2024

ORDENANZA REGULADORA DA TRAMITACIÓN DAS LICENZAS URBANÍSTICAS E OUTRAS FORMAS DE INTERVENCIÓN ADMINISTRATIVA

Publicación no BOPPO 

APROBACIÓN DEFINITIVA DA ORDENANZA REGULADORA DA TRAMITACIÓN DAS LICENZAS URBANÍSTICAS E OUTRAS FORMAS DE INTERVENCIÓN ADMINISTRATIVA EDICTO (B.O.P. de Pontevedra núm. 138  de data 16 de xullo de 2024).

O Pleno do Concello de Tui, en sesión extraordinaria urxente celebrada o 21 de xuño de 2024, previa estimación da alegación presentada no período de información pública, aprobou definitivamente a Ordenanza reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa, procedéndose á publicación íntegra da referida ordenanza, en cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local