Tui amplía a súa superficie industrial con 105 mil metros cadrados en Ribadelouro
Tui contará con 105 mil metros cadrados de solo industrial no Polígono Industrial de Ribadelouro. A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo vén de aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal, PXOM, para o desenvolvemento dos sectores SU-2A e SU-2B. Dende o Concello procederase agora a inscrición do solo no rexistro de planeamento, e a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, tras o que transcorrido o prazo de entre 10 e 15 días esta aprobación entrará en vigor.




