Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Trazar as liñas mestras da ordenación do territorio, e autorizar as actuacións permitidas en cada ámbito son as tarefas básicas do Urbanismo municipal, pero mais aló deste labor fundamental en calquera cidade, o urbanismo busca tamén conseguir que a vida dos cidadáns se desenvolva nun entorno amable e cómodo. Unhas rúas cada vez mais humanizadas, no sentido mais estrito da verba, pensadas, deseñadas e realizadas para o día a día das persoas. O conxunto Histórico de Tui co seu Plan Especial é unha das máximas preocupacións urbanísticas da cidade. Buscar que o casco urbano creza de xeito ordenado e atractivo e que o rural sexa un espazo harmonioso e que conserve o seu patrimonio é  misión fundamental do urbanismo municipal.

MODELOS E SOLICITUDES URBANÍSTICAS

Ordenanza Municipal Reguladora das Axudas á Rehabilitación de Edificios e Vivendas no Ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Hº de Tui

Ordenanza Municipal Reguladora das Axudas á Rehabilitación de Edificios e Vivendas no Ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui Publicada no BOPPO número 199 do venres, 15 de outubro de 2021

Ordenanza Municipal Reguladora das Axudas á Rehabilitación de Edificios e Vivendas no Ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Hº de Tui

Ordenanza Municipal Reguladora das Axudas á Rehabilitación de Edificios e Vivendas no Ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui Publicada no BOPPO número 199 do venres, 15 de outubro de 2021

Patrimonio informa favorablemente o proxecto de humanización da Avenida de Portugal

Undefined

O proxecto de humanización da Avenida de Portugal no tramo comprendido entre a vella Ponte Internacional e o cruce coa N550 continúa avanzando na súa tramitación.

En concreto a Dirección Xeral de Patrimonio resolveu autorizar as obras do “Proxecto de construción de adecuación e mellora da seguridade viaria na estrada N-551 pk 1+400 a 1+850 coincidente coa traza do Camiño Portugués de Santiago” coas condicións e consideracións técnicas indicadas no informe.

Transplantada unha camelia xapónica de 35 anos aos Xardíns de Troncoso

Undefined

Nos Xardíns de Troncoso, no Paseo Familia Álvarez Blázquez, foi transplantada estes días unha camelia xapónica, Leonardo da Vinci, que foi cedida pola familia Ramos-Vieiro á Asociación Amigos Tudenses da Camelia, ATUCA. 

Este exemplar, duns 35 anos, foi trasladado dende Santiago até Tui e o transplante aos Xardíns de Troncoso foi realizado o pasado xoves baixo a dirección de ATUCA e da Sociedade Española da Camelia, SEC, coa colaboración do Concello de Tui. 

Ordenanza fiscal ocupacion solo, subsolo e voo

Ordenanza da taxa por ocupación con tendidos, tubaxes e galerías para as conducións de enerxia eléctrica, auga, gas ou calquera outro fluído incluídos os postes para liñas, cables, palomillas, caixas de amarre, de distribución ou de rexistro, transformadores, rieles, básculas, aparatos para a venda automática e outros semellantes que se establezan sobre vías públicas ou outros terreos de dominio público local ou voen sobre os mesmos.

Esta ordenanza reguladora entrou en vigor el 01/01/1999.

O anexo á mesma publicouse en BOPPO Nº 42 do 28 de febreiro de 2008.

Rematadas as obras de mellora da capa de rodadura do vial O Calvario-Baños en Caldelas

Undefined

Está xa rematada a obra de mellora da capa de rodadura no vial que une os lugares de O Calvario e Baños na parroquia tudense de Caldelas.  

Os traballos, que abrangueron unha superficie de 1.980 m2, consistiron na limpeza das cunetas, fresado do firme existente, reposición do pavimento e tapas de saneamento, pintado da sinalización horizontal e obras accesorias. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Urbanismo