Trazar as liñas mestras da ordenación do territorio, e autorizar as actuacións permitidas en cada ámbito son as tarefas básicas do Urbanismo municipal, pero mais aló deste labor fundamental en calquera cidade, o urbanismo busca tamén conseguir que a vida dos cidadáns se desenvolva nun entorno amable e cómodo. Unhas rúas cada vez mais humanizadas, no sentido mais estrito da verba, pensadas, deseñadas e realizadas para o día a día das persoas. O conxunto Histórico de Tui co seu Plan Especial é unha das máximas preocupacións urbanísticas da cidade. Buscar que o casco urbano creza de xeito ordenado e atractivo e que o rural sexa un espazo harmonioso e que conserve o seu patrimonio é misión fundamental do urbanismo municipal.
Tui. Mércores, 3 de agosto de 2022.
O goberno de Tui vén de solicitar á Deputación de Pontevedra o seu apoio para o proxecto de acondicionamento da contorna do balneario de Caldelas. O alcalde, Enrique Cabaleiro, así o informou adiantando que a suma dos distintos proxectos presentados á rede ÁGORA gañarán un total de 7023 metros cadrados para as persoas despois de actuar en máis de 13.307 m2..
Tui. Venres, 5 de agosto de 2022.
O fomento da mobilidade activa, a creación de espazos públicos seguros e accesibles e a mellora significativa da calidade urbana e ambiental son, segundo o alcalde Enrique Cabaleiro, algúns dos obxectivos do proxecto de acondicionamento da rúa Barca que vén de ser solicitado á rede ÁGORA da Deputación de Pontevedra.
Avanza a tramitación do proxecto para converter o Cárcere Vello de Tui, situado en pleno Camiño de Santiago no conxunto histórico, nun centro de acollida de visitantes e peregrinos que contribuirá á dinamización desta zona da cidade.
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia vén de autorizar o anteproxecto de humanización do Paseo da Corredoira. En concreto trátase da “Mellora da Mobilidade Peonil e Rexeneración urbana na Corredoira e na súa contorna” segundo o anteproxecto redactado polo Estudio Mmasa. Tanto a redacción do proxecto coma o estudo de mobilidade realizado foron financiados con fondos do Plan Ágora da Deputación de Pontevedra cunha achega de 50 mil euros.
Están convocadas as axudas para a adquisición de vivenda no centro histórico de Tui deste ano 2022. O pasado venres, 28 de xaneiro, o Instituto Galego de Vivenda e Solo, publico no DOG nº 19 a "RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2022 pola que se convocan para o ano 2022 as axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos (código de procedemento VI400A)". O prazo de presentación das solicitudes está aberto até o 30/09/2022, ou esgotamento de crédito.
AXUDAS PARA COMPRA DE VIVENDA NO CENTRO HISTÓRICO DE TUI 2022
PERSOAS BENEFICIARIAS
REQUISITOS XERAIS
O próximo luns, 24 de xaneiro, comezarán na praza da Estrela, no conxunto histórico de Tui, obras para reparar os afundimentos rexistrados en distintas lousas de pedra do pavimento así coma as filtracións detectadas procedentes da rede de saneamento. Os traballos serán acometidos polo Consorcio do Louro, e terán unha duración estimada dunha semana.
O próximo luns, 15 de novembro, comezarán as catas na travesía de San Domingos para valorar a presenza de restos arqueolóxicos neste vial, así coma para avaliar o impacto que as obras previstas de renovación de instalacións e servizos poderían ter.
No salón de sesións da casa do concello de Tui tivo lugar este mediodía a sinatura dun convenio entre o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño Sil, CHMS, José Antonio Quiroga, para a execución, entrega, mantemento e conservación das obras do proxecto de construción dunha pasarela peonil na desembocadura do río Louro.