Trazar as liñas mestras da ordenación do territorio, e autorizar as actuacións permitidas en cada ámbito son as tarefas básicas do Urbanismo municipal, pero mais aló deste labor fundamental en calquera cidade, o urbanismo busca tamén conseguir que a vida dos cidadáns se desenvolva nun entorno amable e cómodo. Unhas rúas cada vez mais humanizadas, no sentido mais estrito da verba, pensadas, deseñadas e realizadas para o día a día das persoas. O conxunto Histórico de Tui co seu Plan Especial é unha das máximas preocupacións urbanísticas da cidade. Buscar que o casco urbano creza de xeito ordenado e atractivo e que o rural sexa un espazo harmonioso e que conserve o seu patrimonio é misión fundamental do urbanismo municipal.
Modelo rexistro zona azul
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse onte á mañá con representantes da Plataforma Cidadá de afectados polo Su 11 de Tui, logo de que presentasen a solicitude de modificación do planeamento urbanístico neste ámbito. O escrito está acompañado de 14 folios coas sinaturas de 407 veciños e veciñas apoiando o manifesto da plataforma.
Esta semana deron comezo as obras de urbanización do Paseo da Corredoira e da rúa Augusto González Besada, unha intervención destinada á recuperación deste espazo como punto de encontro e convivencia, garantindo a mellora da mobilidade peonil, a integración urbana e a renovación das infraestruturas nun contorno histórico. Trátase da Fase 1 dun proxecto que conta cun investimento de 1.165.581,54 euros, financiado con cargo do programa PON2030 da Deputación de Pontevedra. O prazo de execución estimado é de oito meses.
O Concello de Tui ten aberto un trámite de consulta pública para a elaboración da Ordenanza reguladora da conservación e rehabilitación de inmobles, informe de avaliación de edificios e rexistro municipal de solares. O obxectivo desta normativa é garantir a seguridade, salubridade, funcionalidade e ornato público dos terreos e edificacións do municipio.
A recuperación da contorna da antiga alfándega na Avenida de Portugal, a carón da vella Ponte Internacional, vén de dar un paso importante ao culminar o proceso de modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal neste punto, iniciado polo Concello de Tui a instancias da Cámara de Comercio.
Esta mañá comezaron os traballos de demolición parcial do edificio situado no número 7 da rúa Colón para garantir a seguridade na súa contorna. O Concello que Tui, a través da concellería de Urbanismo, tras a declaración de ruína do inmoble, ante a situación de deterioro que presenta, no mes de xullo requiriu aos propietarios, neste caso á Xunta de Galicia, para garantir a seguridade no mesmo e evitar posibles danos ou o colapso da edificación co paso do tempo.
ORDENANZA REGULADORA DA TRAMITACIÓN DAS LICENZAS URBANÍSTICAS E OUTRAS FORMAS DE INTERVENCIÓN ADMINISTRATIVA
Publicación no BOPPO
APROBACIÓN DEFINITIVA DA ORDENANZA REGULADORA DA TRAMITACIÓN DAS LICENZAS URBANÍSTICAS E OUTRAS FORMAS DE INTERVENCIÓN ADMINISTRATIVA EDICTO (B.O.P. de Pontevedra núm. 138 de data 16 de xullo de 2024).
O Concello de Tui finalizou recentemente as obras de rehabilitación de cinco vivendas municipais situadas no antigo cuartel de Caldelas, que se destinarán a alugueiro social. Estas actuacións, supuxeron un investimento total de 425.743,84 euros, dos que o Concello de Tui aportou 175.743,84 euros de fondos propios e o polo Instituto Galego de Vivenda, IGVS 250.000 €.
A rehabilitación das vivendas tivo en conta a eficiencia enerxética das mesmas dende o illamento, á a iluminación con luces led, ou o sistema de calefacción con aerotermia.
O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade pasando do actual sistema de lámpadas de vapor de sodio por luminarias con tecnoloxía led co que se mellorará a eficiencia enerxética, se deixarán de emitir máis de 51 toneladas de C02, e se aforrarán máis de 17 mil euros ao ano.