Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Tui amosa os seus recursos a un grupo de touroperadores e axentes turísticos internacionais

Undefined

O Concello de Tui recibiu esta pasada fin de semana a un grupo de 15   representantes de axencias de viaxes e touroperadores internacionais especializados no Camiño de Santiago que participarán en Fairway, feira do camiño de Santiago que se celebra en Santiago os días 2, 3 e 4 de novembro. Trátase dun Fam Trip ou viaxe de familiarización destes profesionais turísticos que con esta actividade coñecen de primeira man os recursos turísticos das localidades do Camiño Portugués.

O xurado de Vilas en Flor coñeceu este luns as actuacións de mellora urbana realizadas en Tui

Undefined

A aposta polas sendas fluviais, os proxectos de humanización executados e os que comezarán en breve, xunto ao traballo realizado para mellorar o entorno urbano e rural foron algúns dos aspectos transmitidos dende o Concello de Tui aos dous membros do xurado de Vilas en Flor que este luns visitaron o municipio.

Tui presente no novo portal turístico da Red de Juderías de España

Undefined

A promoción turística de Tui como membro da Red de Juderías de España, asociación na que se integrou en 2019, da un paso importante coa posta en marcha por parte da Red do novo portal turístico Caminos de Sefarad. Esta web céntrase na promoción turística do patrimonio xudeu que conservan as cidades pertecentes a este colectivo.  Mentres redjuderias.org mantén a súa actividade centrándose na información da actividade da propia Red.

O 40% das persoas que realizaron o Camiño Portugués en setembro saíron dende Tui

Undefined

Un total de 5.322 persoas saíron dende Tui no pasado mes de setembro para realizar o Camiño  Portugués de Santiago. Representan o 40% dos 13.300 peregrinos e peregrinas que en setembro percorreron esta vía xacobea. Estes datos da Oficina do Peregrino da Catedral e Santiago, e os aportados pola Oficina Municipal de Turismo de Tui, en setembro  confirman a desestacionalización da presenza de visitantes e peregrinos na cidade.

Máis de 200 persoas participaron nas experiencias de turismo verde celebradas con motivo do Día Mundial do Turismo

Undefined

Tui despide a programación do Día internacional do Turismo 2023 logo dunha gran acollida nas actividades desenvolvidas durante esta fin de semana. Máis de 200 persoas participaron nas diferentes propostas organizadas polo Concello de Tui co obxectivo de achegar ao público local aos recursos naturais e culturais tudenses que contan cun gran potencial turístico e están menos desenvolvidos.

Tui reivindica a posta en valora das iniciativas locais de Turismo Sostible

Undefined

A xornada “Oportunidades de Turismo Verde en Tui” celebrada onte no Edificio Francisco Sánchez destinada a reflexionar sobre a sostibilidade turística con representantes de proxectos de boas prácticas de diferentes puntos de Galicia serviu para poñer en valor aquelas iniciativas que nacen da iniciativa local e contan coa colaboración das asociacións ou as administracións nas que se desenvolven.  De feito todas as persoas  participantes coincidiron en destacar que os proxectos que nacen de abaixo arriba aínda que son máis complexos deixan un maior retorno social no territorio.

Tui aposta polos investimentos verdes logrando xa 7 millóns de euros de fondos europeos

Undefined

Hoxe, 27 de setembro, celébrase o Día Mundial do Turismo, centrado este ano a nivel internacional no turismo verde. Coincidindo con esta data o Concello de Tui fai balance dos investimentos verdes realizados ou previstos no municipio grazas aos máis de 7 millóns de euros de fondos europeos conseguidos para este fin, nunha aposta inequívoca para impulsar un desenvolvemento sostible e respectuoso co medio ambiente.

A Oficina de Turismo de Tui atendeu na fin de semana peregrinos e peregrinas de 24 nacionalidades

Undefined

O dinamismo e internacionalización que está a vivir o Camiño Portugués de Santiago ao seu paso por Tui queda reflectido nos datos rexistrados esta fin de semana pola Oficina Municipal de Turismo tudense.  Dende o venres até o domingo 167 peregrinos e peregrinas se achegaron até este punto de información turística.

Tui celebra o Día Internacional do Turismo amosando o seu potencial ambiental

Undefined

Un ano máis o concello de Tui celebra o Día Internacional do Turismo, que se conmemora o mércores 27 de setembro,  e farao nesta ocasión pondo en marcha  unha completa programación que durará ata a fin de semana e que  combinará actividades para a cidadanía con actividades para os profesionais do  sector turístico que opera na cidade, poñendo o aceno nos investimentos verdes tal e como marca a temática desta efeméride internacional.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Turismo