Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

A Oficina Municipal de Turismo atendeu en maio 2.713 visitantes

Undefined

O número de visitantes rexistrados na Oficina Municipal de Turismo durante o mes de maio foi 2.713, dos que 1.209 foron peregrinos (607 de procedencia internacional e 602 nacionais) e 1.504 turistas (1.216 nacionais e 288 de procedencia internacional). En total, o número foi algo inferior ao mes de abril, mes de Semana Santa no que hai un maior número de visitas.

A Mesa do Camiño de Santiago en Tui reuniuse para valorar a situación actual da peregrinación

Undefined

Avaliar a situación actual e a problemática do Camiño de Santiago, así como a peregrinación ao seu paso por Tui e valorar as necesidades e retos que plantexa foi o obxectivo da reunión da Mesa do Camiño de Santiago en Tui celebrada o pasado mércores, 25 de maio. Estivo presidida polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e contou coa participación de representantes dos distintos sectores – aloxamentos, restauración, servizos aos peregrinos, igrexa e movemento asociativo xacobeo – que forman parte da Mesa.

O ALCALDE RECIBE A LILIANA BENVENISTE, EMBAIXADORA DA RED DE JUDERIAS – CAMINOS DE SEFARAD EN ARXENTINA

Undefined

O Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu esta mañá na Casa do Concello de Tui, a Liliana Benveniste, embaixadora da Red de Juderias de España – Caminos de Sefarad, que neste días visita a nosa cidade para achegarse ao coñecemento do rico patrimonio xudeu que atesoura Tui e outras localidades de Galicia.

Mañá preséntase o Forum Peregrino

Undefined

Maña venres, 13 de maio, ás 13 h, na sala de reunións da casa do concello de Tui presentarase o Forum Peregrino. Esta actividade vaise celebrar na Aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, o sábado 21 e o domingo 22 deste mes de maio organizada por Iacobus coa colaboración do Concello de Tui.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, xunto a representantes da asociación Iacobus.

Consolídase o crecemento nos visitantes a Tui

Undefined

Ata 2.854 persoas se achegaron en abril á nova Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui, situada no céntrico Paseo da Corredoira. Ao longo do mes esta Oficina atendeu  a un total de 2.087 turistas, deles 154 de procedencia estranxeira e 1.933 de procedencia española. Xunto a eles un total de 767 peregrinos, 354 procedentes doutros países e 413 de orixe española.

Máis de 1.400 visitantes foron atendidos na Oficina Municipal de Turismo na Semana Santa

Undefined

A Oficina de Turismo de Tui ten rexistrado na Semana Santa, entre o venres 8 e o domingo 17 de abril, un total de 1.436 consultas de usuarios que demandaban información na súa visita e estadía na nosa cidade.

Deste total de 1.436 persoas 1.045 eran turistas e 391 peregrinos.  Así dos 1.045 turistas atendidos 37 eran visitantes internacionais e 1.008 turistas españois. 

Reproducións da Catedral e de castelos realizados con pezas de Exin Castillos expóñense na Oficina de Turismo

Undefined

A Oficina Municipal de Turismo, no Paseo da Corredoira, acolle ao longo do mes de abril a exposición “Galicia con Exin Castillos” en colaboración con La Trastienda de Lupadás.

Luís Arias de La Trastienda de Lupadás é o autor da meirande parte das pezas que se expoñen froito de moitas horas de traballo.

4.800 pezas son as empregadas para construír a fachada románica e a Torre de San Andrés da Catedral de Tui, mentres que 300 pezas foron as utilizadas para construír unha versión mini da Catedral co pórtico gótico e a praza de San Fernando.

Historia, patrimonio, natureza, gastronomía,…atractivos para visitar Tui esta Semana Santa

Undefined

“Esta  Semana Santa… Tuiristea” é o lema da campaña de promoción turística posta en marcha polo Concello de Tui nas súas redes sociais con motivo da Semana Santa. Dende onte venres nas redes sociais municipais, Facebook, Twitter e Instagram, e na conta de Instagram da Oficina de Turismo, propóñense distintos plans para visitar Tui nestes días festivos. Dende os plans imprescindibles na visita a cidade, rutas dun ou dous días, ou propostas para visitar Tui con nenos e nenas.

Entregados os primeiros carnés que acreditan a guías oficiais do programa Rasgo da Red de Juderías

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fixo entrega onte dos primeiros carnés que acreditan a guías oficiais do programa Rasgo da Red de Juderías. Sara Quintana, Lucía Campos, Suso Vila e Ramón Fernández, recibiron, nun sinxelo acto, da man do alcalde as catro primeiras acreditacións do programa RASGO que promove a Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad.

Máis de 1.100 persoas pasaron no mes de marzo pola nova Oficina Municipal de Turismo

Undefined

O pasado mes de marzo, a nova Oficina Municipal de Turismo de Tui, localizada no céntrico Paseo da Corredoira, rexistrou un total de 1.152 consultas sobre información turística da nosa localidade. Destas consultas un total de 1.031 correspondían a visitantes e 121 a peregrinos.

Do total de 1.031 visitantes 960 eran españois, e 71 de orixe internacional. Entres os visitantes nacionais destacan 413 de Galicia, 135 de Madrid, ou 60 de Alava. Entre os estranxeiros rexistráronse  53 visitantes de Francia, 21 de Arxentina, 10 de Portugal, e 5 de Alemaña, entre outros.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Turismo