Tui acolle este domingo o desafío ‘A comunidade xudía en Tui’ dentro de Eureka Reto Rural do Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño
Tui acolle este domingo, 26 de maio, ás 18 h, o desafío ‘A comunidade xudía en Tui’, un dos escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. É o terceiro desafío de ‘Eureka Reto Rural’, o programa de EuRural e do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño que ten por obxectivo coñecer o territorio a través de xogos de escapismo temáticos, dixitais e ao aire libre.




