Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Coñece o noso patrimonio

Data: 
14/07/2025
Lugar: 
TUI

O Instituto de Estudos Tudenses organiza unha nova edición das visitas guiadas “Coñece o noso patrimonio” en colaboración coa Concellería de Turismo e Patrimonio do Concello de Tui.

Neste mes de xullo e no agosto realizarán unha total de seis actividades e visitas guiadas a  elementos patrimoniais tudenses a cargo de especialistas do propio Instituto.  

As actividades e visitas guiadas previstas  no programa “Coñece o noso patrimonio” son de balde e de acceso libre sen límite no número de persoas participantes.

Programa “Coñece o noso patrimonio”

Luns, 14 de xullo

  • Paseo literario polo corazón de Tui
  • Ás 20.00 h. Inicio Miradoiro da Alameda de San Domingo
  • Visita guiada pola escritora Marga do Val

Mércores, 23 de xullo

  • Conferencia “700 anos da peregrinación da Rainha Santa”
  • Ás 20.30 h na Igrexa de San Domingos
  • A cargo do historiador Rafael Sánchez Bargiela

Venres, 25 de xullo

  • Camiñada comentada polo Camiño Portugués dende Rúa Olímpicos tudenses ata Capela de Nosa Señora do Camiño
  • Ás 9.00 h. Inicio na rúa Olímpicos Tudenses

Martes, 29 de xullo

  • Mosteiro de San Fins de Friestas - Valença
  • Ás 20.00 h ES. Mosteiro de San Fins
  • Visita guiada polo historiador Narciso Serra

Martes, 12 de agosto

  • A escultura románica e gótica na catedral de Tui
  • Ás 20.30 h. Inicio na porta Norte da Catedral
  • Visita guiada pola profesora Marta Cendón

Martes, 19 de agosto

  • A Igrexa de San Telmo
  • Ás 20.30  h no adro da igrexa de San Telmo
  • Visita guiada por José Ramón Fernández Fernández