Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A condición fronteiriza do municipio fixo que de sempre as cuestións relativas á seguridade  tiveran gran importancia en Tui. Distintos corpos de seguridade teñen presenza na cidade,  comezando naturalmente pola Policía Local, que se encarga da seguridade e do tráfico en Tui, amais de facer cumprir as ordenanzas municipais, é, por suposto, o corpo policial máis cercano aos cidadáns.

Tui contará con tres novos policías locais a comezos de 2020

Undefined

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Seguridade, Antonio Castro, e a concelleira de Emprego, Mila González, déronlle hoxe  a benvida a tres novos membros da Policía Local de Tui.  Foron seleccionados pola Academia Galega de Seguridade Pública, AGASP, e previa a súa incorporación en Tui terá que continuar a súa formación na Academia. No verán realizarán xa prácticas no Concello, e completarán a súa formación de novo na AGASP.

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui xa está a desenvolver labores de apoio para a cabalgata de mañá

Undefined

O concelleiro de Seguridade, Antonio Castro Negro, informa que a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui, está xa operativa comezando coa súa función de voluntariado dando apoio a cabalgata de Reis que se celebrará mañá.

O concelleiro explica que esta iniciativa do goberno, contemplada no acordo programático, de reactivar a AVPC ven a verse cumprida pola posta en marcha da mesma, xa que é unha agrupación que está o servicio de todos os veciños de Tui.    

Este sábado a partir das 14.00h non se poderá estacionar nas rúas polas que pase a Cabalgata de Reis

Undefined

Dende a Concellería de Seguridade avisan que por motivo da celebración da Cabalgata Internacional de Reis, que terá lugar este sábado día 5 de xaneiro, non se poderá estacionar nin circular nas rúas que percorre.

A partir das 14.00h non se poderá estacionar na Avenida de Portugal, rúa Martínez Padín, Augusto Besada, Calvo Sotelo e Corredoira. Tampouco se poderá circular polas mesmas a partir das 17.00h.

Prevese que o peche do tráfico será de unha hora e media ou dúas horas.

 

A Policía Local de Tui conta cun novo vehículo 4x4

Undefined

O Concelleiro de Seguridade, Antonio Castro, informa que a Policía Local de Tui conta cun novo vehículo adquirido polo Concello de Tui ao abeiro dunhas baixas do Plan Concellos 2016 por un importe de 24.696€ euros.

O concelleiro explica ademais que o novo vehículo é 4x4 vén satisfacer as necesidades que neste tipo de coche tiña o corpo da Policía Local pola antigüidade dos outros vehículos dos que dispón. O novo vehículo amais conta coas características axeitadas para prestar servizo sobre todo no rural.

Unha trintena de persoas forman parte da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil

Undefined

Unha trintena de persoas constitúen a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil que o pasado sábado celebrou asemblea extraordinaria para a súa reactivación.  Polo momento de forma provisional terán a súa sede na nave municipal en Guillarei, a expensas de que sexa habilitada unha zona específica, segundo informa o concelleiro de Seguridade Cidadá, Antonio Castro Negro.  Na asemblea do pasado sábado procedeuse á baixa daqueles voluntarios que figuraban anteriormente e non querían continuar, e a dar de alta a novas incorporacións.

Esta mañá comezou a inspección da pirotecnia de Baldráns previa ao desaloxo do material

Undefined

O Concello de Tui procedeu esta mañá á entrar nas instalacións da pirotecnia La Gallega en Baldráns, para permitir que os TEDAX e Intevención de Armas da Garda Civil procedesen a cumprir o mandato xudicial consistente no  ao desaloxo do material pirotécnico e explosivo que se atopa no interior como paso previo á demolición das 25 casetas existentes. O xuíz daba dez días para o desaloxo do material explosivo, que expiran o día 30, e todo parece indicar que non se cumprirá este prazo por parte dos encargados do desaloxo.

Mañá entrará en vigor a reordenación do tráfico na rúa Casal Aboy

Undefined

O concello de Tui informa a través da concellería de Seguridade, Tráfico e mobilidade, presidida polo concelleiro Antonio Castro Negro, que mañá mércores, 1 de agosto, entrará en vigor a reordenación do tráfico na rúa Casal Aboy que consistirá principalmente no establecemento de aparcamentos en fila a ambos lados da calzada e un único carril de circulación polo centro da vía, co que se busca evitar o estacionamento en dobre fila.

Tui recibiu onte un desfibrilador para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil

Undefined

O Concello de Tui, representado polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Antonio Castro, e por dous membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, recibiu onte un dos 157 desfibriladores entregados pola Xunta de  Galicia aos corpos de bombeiros comarcais, GES e Protección Civil, no marco da aposta continua do Goberno galego por reforzar a resposta.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Seguridade