Solicitude inscrición na Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil
Solicitude de inscrición na Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil
A condición fronteiriza do municipio fixo que de sempre as cuestións relativas á seguridade tiveran gran importancia en Tui. Distintos corpos de seguridade teñen presenza na cidade, comezando naturalmente pola Policía Local, que se encarga da seguridade e do tráfico en Tui, amais de facer cumprir as ordenanzas municipais, é, por suposto, o corpo policial máis cercano aos cidadáns.
Solicitude de inscrición na Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil
O Concello de Tui, representado polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Antonio Castro, e por dous membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, recibiu onte un dos 157 desfibriladores entregados pola Xunta de Galicia aos corpos de bombeiros comarcais, GES e Protección Civil, no marco da aposta continua do Goberno galego por reforzar a resposta.
Tui contará nos próximos meses novamente coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. O pasado xoves en pleno foi aprobada a reactivación deste colectivo que leva varios anos sen actividade. Nestes momentos está aberto o prazo de inscrición para novos voluntarios para a posterior celebración dunha asemblea da agrupación na que se regularice a situación dos seus membros e se elixa unha nova xunta directiva.
Ordenanza Municipal de Protección Contra a Contaminación Acústica no Concello de Tui publicada no Bop nº 237 de 13 de decembro de 2017.
Esta mañá a Policía Local de Tui recibiu unha nova motocicleta nas súas oficinas na praza da Inmaculada. Trátase dun novo vehículo financiado con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.
Na recepción estiveron presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Persoal e Seguridade, José Ramón Magán, xunto ao xefe da Policía Local, José Ramírez e un representante de Ángel Leirós Motos, o concesionario de Yamaha para a provincia de Pontevedra no que foi adquirido o novo vehículo.
O Concello de Tui non poderá contratar a catro persoas para o servizo de Protección Civil ao non poder acceder a unha achega, por importe de 12 mil euros da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ante a imposibilidade de proceder á contratación no tempo marcado na resolución de concesión da subvención que era o pasado 15 de setembro.
A ordenanza reguladora do tráfico no conxunto histórico recolle no seu artigo 16 as zonas de estacionamento en zona Verde de aparcamento exclusivos para residentes na zona de intramuros ou nas propias zonas verdes que posúan os distintivos R ou RE.
Tui conta con varias áreas de estacionamento gratuíto limitado no tempo, Zona Azul, no que se pode aparcar un máximo de hora e media. Están situadas nas rúas Augusto González Besada, Foxo, Rosa Bahamonde, Travesía Foxo e Calvo Sotelo.
Anexo I Ordenanza reguladora do tráfico no conxunto histórico
Plano de accesos, estacionamentos e direccións obrigatorias.