Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Esta mañá comezou a inspección da pirotecnia de Baldráns previa ao desaloxo do material

28/11/2018

O Concello conta xa co proxecto de demolición das 25 casetas existentes nas instalacións

O Concello de Tui procedeu esta mañá á entrar nas instalacións da pirotecnia La Gallega en Baldráns, para permitir que os TEDAX e Intevención de Armas da Garda Civil procedesen a cumprir o mandato xudicial consistente no  ao desaloxo do material pirotécnico e explosivo que se atopa no interior como paso previo á demolición das 25 casetas existentes. O xuíz daba dez días para o desaloxo do material explosivo, que expiran o día 30, e todo parece indicar que non se cumprirá este prazo por parte dos encargados do desaloxo.  O alcalde, Carlos Vázquez Padín, ade manifestou que se manterá puntualmente informado ao xuíz de todo o que aconteza e de calquera cuestión que retrase os prazos por cuestións alleas á vontade municipal.

Ás nove desta mañá a Policía Local procedeu ao desprecinto das instalacións, que foron abertas a continuación por un familiar do propietario, accedendo ás mesmas efectivos da Polícía local, os TEDAX, Intervención de Armas da Garda Civil un efectivo do Consorcio Provincial de Bombeiro, xunto ao alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o concelleiro de Seguridade, Antonio Castro.

Calcúlase que no que interior das instalacións da empresa Pirotécnica de Baldráns pode haber 2.700 quilos de material pirotécnico e explosivo, do que parte foi o intervido nos dous almacéns clandestinos localizados tras a explosión no barrio da Torre.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, explicou esta mañá que Intervención de Armas da Garda Civil e os TEDAX entregarán este venres o cronograma para o desaloxo, que se realizará, probablemente, o longo da próxima semana.  Por outra o mandatario municipal manifestou que o Concello tiña os deberes feitos para comezar coa demolición, para o que esta mesma mañá chegou a autorización do ISSGA para a retirada do amianto, e tamén foi contratada por tramitación de emerxencia a empresa que es fará cargo da demolición.