Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Horarios Recomendacións / Consellos durante o Estado de Alarma

22/03/2020

O 14 de marzo decretouse en España o Estado de Alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (Publicado no BOE do 14 de marzo de 2020) por un periodo de quince naturais. O Congreso de Ministros solicitará ao Congreso a ampliación durante quince días máis até o 11 de abril. 

Información sobre o Coronavirus

Casa do Concello 

Durante o estado de alarma decretado para frear a pandemia do coronavirus na casa do concello

  • A atención ao público na casa do concello limítase ao Rexistro de Entrada e aos Servizos Sociais en caso de extrema urxencia e previo contacto telefónico no 986 60 36 25 ext. 54
  • Mantéñense os servizos mínimos nos distintos departamentos ao que se suma o teletraballo por parte do resto da plantilla municipal. Continua a tramitación dos distintos expedientes.
  • A comunicación farase telefonicamente no 986 60 36 25,  a través da sede electrónica ou da app

Instalacións culturais, deportivas, formativas e actividades de lecer

  • Durante o estado de alarma estarán pechadas todas as instalacións culturais, deportivas e de formación do municipio é o caso dos campos de fútbol, pavillóns deportivos, pistas deportivas, Teatro Municipal, Biblioteca Municipal, Centro Municipal de Formación, e parques infantís
  • Do mesmo xeito foron suspendidas todas as actividades culturais, deportivas, de lecer e formativas

Circulación polas vías públicas

Só se permite a circulación polas vías públicas de xeito individual

  • Para facer a compra
    • Acudir só unha persoa. Evitar ir acompañado de nenos, persoas maiores ou persoas de risco
    • Evitar acudir a primeira hora e facelo de xeito escalonado ao longo do día
    • Ser solidario e non acaparar produtos
    • Empregar luvas para coller os alimentos non perecedoiros que non estean envasados
    • Gardar a distintacia social de seguridade
    • Se é posible pagar con tarxeta
  • Acudir á farmacia
  • Acudir a servizos sanitarios
  • A realización de actividades de asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables de acordo co disposto no artigo 7.1.e) do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19
  • As persoas con discapacidade, que teñan alteracións conductuais, como por exemplo persoas con diagnóstico de espectro autista e condutas disruptivas, que se vexan agravadas pola situación de confinamento, xunto cun acompañante, sempre e cando se respecten as medidas necesarias para evitar o contaxio. (BOE)
  • Acudir ao posto de traballo e regreso ao domicilio
  • Pasear o can
    • Sempre nas inmediacións do domicilio
    • Paseos curtos. O tempo mínimo imprescindible 
    • Priorizar horarios de menor afluencia
    • Recoller o excrementos

Centro de Saúde

  • Teléfono para solicitar cita 986 60 18 00 - Urxencias 986 60 19 36 | Teléfono do servizo de urxencias PAC 986 60 09 08
  • As citas atenderanse preferentemente de xeito telefónico
  • A entrada faise pola porta principal. Está pechado o acceso lateral.

Control na fronteira

  • Dende ás 00 h do martes 17 de marzo reestablécense os controis na fronteira. O único punto de aberto na zona, cos respectivos controis, é a nova Ponte Internacional de Tui-Valença. Están pechadas tanto ao tráfico de peóns coma de vehículos a vella Ponte Internacional Tui-Valença, a ponte da Amizade Tomiño-Cerveira, e a ponte internacional Salvaterra-Monçao. Tamén deixou de prestar servizo o transbordador A Guarda-Caminha.
  • So se permite o paso de 
    • Traballadores tranfronteirizos
    • Persoas que acrediten documentalmente causas de forza maior ou situación de necesidade
    • Transporte de mercadoría

Xestión do lixo

  • Depositar o lixo no contedor correspondente empregando luvas ou papel para abrir a tapa
  •  Ao volver ao domicilio lavar as mans con auga e xabón
  •  As luvas de latex ou nitrilo que se empregan para facer a compra, ou outros usos, non son envases. Non deben depositarse no colector amarelo senón no verde xeral
  • Mantense a recollida selectiva do lixo
  • Está pechado o Punto Limpo e suspendeuse a recollida de voluminosos a domicilio

Axuda a persoas en situación de vulnerabilidade

Durante o estado de alarma se coñeces a unha persoa en situación de vulnerabilidade ou está nesta situación contacta connosco

  • Servizos Sociais 986 60 36 25  ext.54 ou 671 51 77 88
  • Policía Local 986 60 36 77 ou 696 48 22 44
  • Protección Civil 629 70 64 36

Non á Violencia de Xénero

Durante o estado de alarma seguen a estar dispoñibles estes teléfonos para as persoas vítimas de violencia de xénero

  • Policía Local 986 60 36 77 ou 696 48 22 44
  • Garda Civil de Tui 986 60 02 21
  • Servizo de Emerxencias 112 
  • Centro de Información á Muller, CIM.
    • Servizo público e gratuíto situado na Guarda con ámbito comarcal. Atende as mullers de Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal e Oia
    • Pretende dar resposta ás necesidades e demendas concretas que lles presentan as mulleres.
    • Teléfono: 986 614 648 - Correo muller@aguarda.es
  • Secretaría Xeral de Igualdade
    • Teléfono da Muller 900 400 273
    • Servizo Gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día cun equipo multidisciplinar coordinado por profesionais de toda Galicia​
  • Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad
    • Teléfono gratuíto  016 e correo 016-online@mscbs.es presta servizo de información e de asesoramiento xurídico en materia de violencia de xénero
  • Aplicación Alertcops

Servizo de Encarga na Praza de Abastos

A Praza de Abastos de Tui continua a ofrecer produto fresco cada día de luns a sábado. As praceiras e os praceiros adoptaron as medidas de seguridade indicadas polas autoridades competentes frente ao COVID19.

Agora poñen a disposición dos clientes un servizo de encarga por teléfono para evitar así os desprazamentos e que a permanencia na praza sexa durante o menor tempo posible. Deste xeito realízase a encarga por teléfono e recóllese unha vez estea preparada. Algúns deles ofrecen tamén o servizo de entrega a domicilio. O servizo de encarga está dispoñible de luns a sábado de 9 a 14 h.

Carnicerías

  • Carnicería Delmiro  659 40 27 33
  • Carnicería Juan  609 921 871 | Reparto a domicilio
  • Carnicería Maruja 610 578 980 |Reparto a domicilio a partir 14:30 h
  • Embutidos Vaqueiro 607 424 658 | Reparto a domicilio 665 081 748

Froterías

  • Frutería Sabores De Tui 00 351 969 583 652  
  • Frutas Sío 627 904 266 | Reparto a Domicilio
  • Semillas, Hortalizas e Bulbos “Patri Caballero” 679 560 300 | Reparto a domicilio

Peixerías

  • Pescados Concha 696591147
  • Pescados Jabacho e Flora 626 746 701
  • Pescados Jorge 620 032 964 | Reparto a domicilio
  • Pescados Malvas Rias 678 672 538
  • Pescados Mónica 600 293 459
  • Pescados Tonio 616 273 803

Servizo Público de Emprego - Oficina de Tui

  • Teléfonos de información e consultas para demandantes de luns a venres de 9 a 14 h 886 110 777 ou 886 110 781 
  • Correo electrónico: oficina.emprego.tui@xunta.es
  • Os demandantes que  fan solicitude de prestación ou subsidio non necesitan activar a demanda de emprego, o SEPE envías  os seus datos e na oficina realizan a tramitación de oficio. Cando sexa posible remitirán a tarxeta de demanda aos seus enderezos da persoa demandante.
  • Os traballadores fronteirizos que desexensolicitar o modelo U1, deberán solicitado o seguinte correo  en CDSSViana-do-Castelo@seg-social.pt indicando nome completo, data de nacemento e número da seguridade social en Portugal (NISS).

Teléfono de información para mulleres embarazadas

  • Posto en marcha pola Consellería de Sanidade
  • Especialistas en Obstetricia e Xinecoloxía atenden directamente as consultas ou dúbidas que as embarazadas poidan plantear, en horario de mañá e tarde
  • Teléfono 648 934 070