Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Visita do Rei á Comandancia Naval do Miño

1/09/2020

Mañá mércores, 2 de setembro, o Rei Felipe VI realizará unha visita oficial á Comandancia Naval do Miño en Tui. 

Por este motivo haberá unha serie de restriccións do tráfico que afectarán ao estacionamento en varias rúas. Así mañá mércores, dende ás 7 h, non se poderá estacionar na rúa Palláns, Calzada, Coengo Valiño, Antero Rubén, e Baixada ao Embarcadoiro. Xa dende onte non se pode aparcar no Paseo Fluvial a carón do Club Náutico.