Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Zona Azul

Tui cunha zona azul de estacionamento gratuíto limitado no tempo. O control da mesma farase mediante cámaras de control de matrículas, unha vez entre en vigor a ordenanza reguladora aprobada no pleno do 27 de marzo de 2025. A entrada en vigor producirase quince días despoisa da publicación do anuncio da aprobación definitiva no BOPPO.

 O texto pode consultarse no Portal de Transparencia do Concello de Tui.

As rúas que se atopan dentro do ámbito da zona azul son: Augusto González Besada, Betanzos (ata a súa intersección con rúa Compostela), Camilo José Cela, Coruña, Foxo, Lugo, Mondoñedo (dende a súa intersección con rúa Compostela), Paseo de Calvo Sotelo (tramo final na súa intersección coa rúa Ordóñez), Praza de Galicia, Rosa Bahamonde, e Travesía Foxo.

O tempo establecido de estacionamento será de dúas horas (tempo que contabilizará o sistema sen ter que realizar ningunha acción adicional) a excepción da rúa Coruña, onde so se poderá aparcar durante unha hora.

Aplicará os días laborais, de luns a venres, e comprenderá dende as 9 ata as 14 horas e desde as 16 ata as 21 horas.

Os novos sinais informativos da zona azul gratuíta de aparcamento indican o inicio e fin desta zona azul, a zona de carga e descarga e as prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida.

As persoas que utilicen algún estacionamento privado no ámbito da zona azul poden xa efectuar o rexistro das matrículas no Concello de Tui, co modelo dispoñible na páxina web do concello, (www.tui.gal) ou na Sede Electrónica (catálogo de trámites  “Rexistro de vehículo veciño da zona azul (con estacionamento privado) e/ou vehículos PMR”), ou a través de calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Pública.

Deben aportar a seguinte documentación:

  • Copia do DNI, NIF ou documento equivalente do titular do dereito.
  • Copia do/s permiso/s de circulación do/s vehículo/s.
  • Acreditación da dispoñibilidade do aparcamento privado, sexa en réxime de propiedade, alugueiro ou posesión, ou por calquera outro título válido en dereito.

 

Bando Informativo Zona Azul rexistro matrículas estacionamento privado

Modelo Rexistro Zona Azul

Áreas: 
Seguridade