Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este sábado impartirase un curso gratuíto de autodefensa para mulleres

26/11/2019

Dentro da campaña “Tui en Negro” que se está a desenvolver en Tui promovida polo Concello de Tui, a través da concellería de Igualdade, este sábado impartirase o curso  “Autodefensa para mulleres ante situacións violentas”, que foi concedido pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Celebrarase no pavillón do CEIP nº2 de 10 a 14 h e de 17 a 20 h. Ofértanse 15 prazas que se cubrirán por orde de solicitude, tendo preferencia as mulleres empadroadas no Concello de Tui. Será impartido por monitores especialistas da Federación Galega de Loita, pertencentes a Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Vai destinado a mulleres maiores de 18, ou maiores de 16 con autorización da súa nai, pai ou titor/a.

As mulleres interesadas en realizar o curso, que ten carácter gratuíto, deben cubrir o impreso de solicitude, que poden descargar da web municipal ou recoller na casa do concello, e presentala por rexistro de entrada ou na sede electrónica do Concello de Tui.

Impreso de solicitude