Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

I Andaina Camiño á Liberdade contra a violencia de xénero

Data: 
24/11/2019
Lugar: 
Tui

Este domingo, 24 de novembro, ás 11 h sairá da praza de San Fernando a I Andaina “Camiño á liberdade” contra a violencia de xénero.  Forma parte da programación de actos "Tui En Negro" co gallo do 25N.

A andaina realizará un percorrido pola ruta dos Muíños do río Tripes e haberá unha muiñada. A dificultade da ruta é doada e a duración aproximada é de 2 h 30 minutos.

 Para participar nesta andaina é preciso inscribirse até o propio domingo na Oficina de Turismo, no correo turismo@tui.gal ou no teléfono 677 41 84 05.