Campaña Tui En Negro

Data:
20/11/2019
Lugar:
Tui
Tui tínguese de negro para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller co obxectivo de sensibilizar e implicar á poboación contra as violencias machistas.
O programa previsto é o seguinte:
- Mércores 20
- Inicio da Campaña Tui En Negro coa colocación da lona na casa do concello e do material da campaña en edificios públicos, establecementos comerciais, hostaleiros… e nas redes sociais municipais
- Sábado 23
- Ás 10 h Repartido de material da campaña “Tui en negro” entre as persoas que se acheguen á praza de Abastos.
- Domingo 24
- Ás 11 h I Andaina “Camiño á liberdade” contra a violencia de xénero. Saída da Praza de San Fernando. Percorrido pola ruta dos Muíños do río Tripes e muiñada. Duración aproximada 2 h 30 minutos. Inscrición previa na Oficina de Turismo ou no correo turismo@tui.gal ou no teléfono 677 41 84 05.
- Luns 25
- Ás 12h na praza de San Fernando. Acto institucional: lectura dun manifesto, exposición das siluetas de “Tui Soña” e actuacións musicais dos centros educativos.
- Sábado 30
- Dende ás 10 h curso gratuíto “Autodefensa para mulleres ante situacións violentas” no pavillón do CEIP nº2. As mulleres interesadas en realizar o curso deben cubrir o impreso de solicitude, que poden descargar da web municipal ou recoller na casa do concello, e presentala por rexistro de entrada ou na sede electrónica do Concello de Tui. (Impreso de solicitude)