Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá presentación mañá mércores da Aloiada 2017

13/06/2017

Celebrarase o 15 e 16 de xuño

Mañá mércores 14 de xuño, ás 11.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación da actividade Aloiada, organizada polos colexios CEIP Nº1, Nº2, Pazos de Reis, Guillarei, Rebordáns e Maristas,  en colaboración co Concello de Tui, no que máis de 170 nenos e nenas de sexto de primaria destes colexios, realizarán diferentes actividades deportivas no Parque Natural do Monte Aloia e no río Miño.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de deportes, Laureano Alonso,  a concelleira de educación, María José González, a directora do CEIP Nº1, Nuria Garabal e o profesor de EF Alberto López, o director do CEIP Nº2, Luis Ruiz e as profesoras Mª Carmen Seves e Beatriz González,  o director do CEIP de Pazos de Reis, Manuel Fálquez, e a profesora de educación física, Isabel Viesca, o director do CEIP de Rebordáns Luís Martínez e a profesora de EF Coral Vázquez, a directora do CEIP de Guillarei, María Liliana González e o profesor de EF, Fernando Domínguez, así como a directora do Colexio Maristas, Patricia Bugarín e o profesor de EF, Roberto Díez.