Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Até o luns 18 aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros educativos para o curso 2020/21

13/05/2020

Até o próximo luns está aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o curso 2020/2021.  O prazo quedara suspendido pola declaración de estado de alarma o 14 de marzo.

Este periodo vai dirixido ao alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aquel alumnado de Educación Infantil, de Educación Primaria, de ESO e de Bacharelato que desexa cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.

As solicitudes pódense presentar en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado  ou presencialmente nos centros educativos para o que se debe solicitar cita previa.

Axústanse tamén as fases do proceso:

  • 9 de xuño: publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e excluido
  • Até o 26 de xuño: publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e excluido
  • Do 1 ao 10 de xullo: prazo ordinario de formalización de matrícula para todas as ensinanzas
  • Do 1 ao 10 de setembro: prazo extraordinario de formalización de matrícula para todas as ensinanzas

Centros educativos de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato: