Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Prazas vacantes no curso de competencia clave FCOV22 Comunicación en lingua castelá N2.

Undefined

O Concello de Tui dispón de 8 prazas vacantes para a realización do curso de competencia clave FCOV22 Comunicación en lingua castelá N2.

O curso está programado para realizarse entre o 23 de marzo ao 4 de maio, de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.

A selección do alumnado realizarase o día 16 de marzo ás 9:30 h no Centro Municipal de Formación en Guillarei, acudindo co DNI. As persoas interesadas deben estar desempregadas e non poden estar en posesión da titulación da ESO nin ter realizado este curso anteriormente.

Ampliación lista de reserva profesores de piano

Undefined

Mediante Resolución da Concellería de persoal de data 08/03/2022 se aprobou a lista provisional de admitidos e excluídos do proceso de selección para a ampliación da lista de reserva para contratacións temporais de profesores de piano para a escola-conservatorio de música de Tui.

Os aspirantes dispoñen de 2 días hábiles para a presentación das alegacións que estimen oportunas. (prazo dende o 09/03/2022 ata o xoves día 10/03/2022).

O Concello de Tui porá dez vivendas municipais en Caldelas a dispor dos refuxiados ucraínos

Undefined

Diante do desastre humanitario que significa o éxodo masivo de cidadáns ucraínos fuxindo da guerra e a destrución provocadas pola invasión rusa do seu país, o Concello de Tui mantivo hoxe unha primeira reunión para coordinar dende a institución municipal a axuda local á poboación ucraína. 

O Concello de Tui respondendo a solicitude realizada dende a FEGMP ten posto a disposición as dez vivendas municipais que están baleiras en Caldelas. Amais dende o Concello, faise un chamamento á poboación que poida contar con vivendas baleiras para alugar que comuniquen a súa disposición. 

Proceso selectivo ampliación lista de reserva para contratacións temporais de profesores de piano

Undefined

Mediante Resolución da Concellería de persoal de data 18/02/2022 se aprobou a convocatoria e as bases de selección para a ampliación da lista de reserva para contratacións temporais de profesores de piano para a escola-conservatorio de música de Tui.

Con data 24/02/2022 se publicou no BOPPO anuncio para o inicio do computo do prazo de presentación de instancias.

Os aspirantes dispoñen de 5 días hábiles para a presentación das mesmas. (prazo dende o 25/02/2022 ata o venres día 04/03/2022.

AMPLIACIÓN LISTA DE RESERVA PARA CONTRATACIÓNS TEMPORAIS PROFESORES PIANO

Dado que co último chamamento a lista resulta insuficiente por renuncia ao chamamento de todos os aspirantes, se inicia novo proceso para unha segunda ampliación da lista de reserva, unha rematada a mesma se unificarán os aspirantes das dúas listas de xeito que os aspirantes desta lista manteñan a posición actual, de xeito que os aspirantes que pasaron o final da lista estará o final da lista unificada.

 

O Concello de Tui vai contratar a 17 persoas ao abeiro do Plan Concellos

Undefined

O Concello de Tui vai contratar a 17 persoas a través do Plan Concellos 2002 a ao abeiro da liña 3 de Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. 

Os contratos serán a xornada completa por un período de 6 meses. Os/as candidatos/as deben ser persoas empadroadas en Tui, desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, co correspondente código, como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego, tanto no momento da sondaxe como no da contratación.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Emprego